A Xunta fai fincapé na importancia de dar maior visibilidade e informar sobre o transtorno por déficit de atención e hiperactividade

adminON
Lectura mínima de 1

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou hoxe nas oitavas xornadas ‘Ti tamén formas parte do TDAH’, organizadas pola Asociación TDAH Salnés. No encontro, destacou a importancia de dar unha maior visibilidade e ofrecer máis formación e información sobre o Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade.

A xornada, celebrada no auditorio municipal de Cambados, contou coa participación de destacados profesionais de Galicia, que deron unha visión global deste trastorno e da súa incidencia nas diferentes etapas vitais, con especial atención á idade adulta. Ademais, o evento incluíu unha mesa de debate con testemuñas en primeira persoa.

Comparte este artigo