Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia A Xunta fai oficial a conversación da Escola de Cantería de Galicia...

A Xunta fai oficial a conversación da Escola de Cantería de Galicia nun Centro Integrado de FP

- Anuncio -

— O DOG publica o decreto co que a Consellería de Educación impulsa o centro, que suma catro novas titulacións e a contratación de profesorado


— O novo director do centro será David Alvariño, que foi director do Instituto IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra durante oito anos


— Todos os novos ciclos ofertados vanse impartir, dado que contan xa con matriculados, e aínda hai prazas dispoñibles para potenciais interesados

A incorporación da Escola de Cantería de Galicia, en Poio, á Rede de Centros Integrados de FP xa é oficial. Así o notifica hoxe o Diario Oficial de Galicia coa publicación do decreto que regula a súa creación como centro especializado no sector da edificación, a construción e a cantería.
Esta inclusión enmárcase na aposta do Goberno galego por recuperar e potenciar o oficio de cantería, un dos máis antigos e representativos de Galicia. Neste sentido, refórzase a oferta formativa con catro novas titulacións para este curso 2024/25 que comeza, das cales dúas son ciclos duais e outra é unha titulación de alta especialización.
Trátase do ciclo básico en Reforma e Mantemento de Edificios, dos ciclos de FP dual en Construción e en Proxectos de Edificación e da titulación de alta especialización en Pedra Natural especializada en cantería, unha das 13 deste tipo que entran novas este curso en toda Galicia.
Todos os novos ciclos ofertados no Centro Integrado de FP de Cantería de Galicia vanse impartir, dado que contan xa con matriculados. Con todo, aínda hai prazas dispoñibles para potenciais interesados e a inscrición poderá formalizarse ao longo do mes de setembro.
Reforzo docente
O responsable de dirixir o centro nesta nova etapa conta cunha ampla experiencia na función directiva. Trátase de David Alvariño que foi, de feito, director do Instituto IES Frei Martín Sarmiento, de Pontevedra, durante oito anos.

No marco deste compromiso de reforzo do centro, a Xunta de Galicia tamén contratará máis profesores para impartir os ciclos e ofrecer unha boa formación a todo o seu alumnado. Este impulso, tanto de oferta formativa como de profesorado, está motivado pola crecente demanda das empresas de contar con persoas que dispoñan das competencias necesarias para empregar as últimas tecnoloxías e materiais, co obxecto de ofrecer solucións innovadoras no eido construtivo.

Relacionadas

A Xunta ten mobilizado o 83% dos máis de 130M€ de Fondos Next Generatión...

0
— O director de Turismo de Galicia participa na apertura das xornadas técnicas de seguimento dos plans de sustentabilidade turística en destino de Galicia —...

A Xunta promove a creación de alianzas entre persoas emprendedoras para fortalecer o tecido...

0
— O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou a actividade Facer rede: Construción de alianzas e contactos entre persoas emprendedoras —...

A Xunta aborda nun congreso a situación actual da planta local galega e fórmulas...

0
― O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou xunto con representantes das tres universidades galegas e da Fundación Juana de Vega...

A Xunta destaca no 5º encontro para empresarios de Galicia e Norte de Portugal...

0
— José González aludiu a acordos concretos como o que garante a actividade de coordinación do servizo de emprego Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal,...

Rueda ensalza a rehbilitación do Mosteiro de Oia como un exemplo de protección do...

0
 Destaca esta iniciativa como o “inicio dunha nova etapa” para este emblemático monumento que conta cunha axuda de 4 M€ por parte da...

Galicia e as comunidades lobeiras insisten na necesidade de revisar o nivel de protección...

0
— Avanzan na elaboración do próximo informe sexenal co obxectivo de que o Goberno central traslade á Comisión Europea os datos reais sobre o...

Publicacións Relacionadas