O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodriguez, visitou esta tarde o centro de día para persoas maiores que a Xunta ten en Vilagarcía de Arousa con motivo do seu catorce aniversario.
Perfecto Rodríguez destacou o traballo e profesionalidade de todo persoal do cetro, que fan del un referente no ámbito dos coidados na comarca do Salnés. Tamén agradeceu aos usuarios e ás familias a confianza que depositan neste servizo público autonómico.

