Free Porn
xbporn
Home Verín Oímbra A Xunta financia o programa Oimbra Verán de apoio á conciliación das...

A Xunta financia o programa Oimbra Verán de apoio á conciliación das familias galegas no que participan 40 nenas e nenos de entre 3 e 14 anos

- Anuncio -

― A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe as actividades que se desenvolven nesta iniciativa, que a Administración galega apoia con máis de 50.000 euros desde 2015

― O Goberno galego destinou este ano a estas axudas 1,4 millóns en toda Galicia dos que máis de 450.000 euros investíronse na provincia de Ourense, o que permitiu financiar 28 programas de conciliación chegando a 41 concellos e 1.049 familias

― Lorenzana destacou que a nova Lei autonómica para a igualdade efectiva entre mulleres e homes fai fincapé na igualdade e no benestar laboral, así como na importancia da conciliación da vida persoal e profesional

― Avanzou que no segundo semestre deste ano está previsto finalizar a avaliación completa do I Plan Galego de Conciliación e Corresponsabilidade (2018-2021) e presentar o II Plan, que terá unha vixencia ata 2027

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, sinalou hoxe en Oímbra a importancia de impulsar e apoiar desde as administracións a conciliación corresponsable que, nas súas verbas, implica “superar a visión da conciliación como un asunto de mulleres”. Lorenzana, na visita que desenvolveu ao programa municipal Oímbra Verán, sinalou que “todos debemos traballar para fomentar a conciliación e crear sinerxías para harmonizar as nosas vidas e facer un uso racional e máis axeitado dos nosos tempos”.
Oímbra Verán é unha iniciativa que a Xunta apoia desde 2015 con máis de 50.000 euros. Este ano, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destinou 12.000 euros a financiar esta actividade na que están a participar en torno a 40 nenas e nenos entre 3 e 14 anos. As axudas forman parten dunha orde de apoios aos que se destinaron para toda Galicia 1,4 millóns de euros en 2022. Na provincia de Ourense, o investimento superou os 450.000 euros, o que permitiu poñer en marcha 28 programas de conciliación en 41 concellos. As iniciativas que se están a desenvolver en toda a provincia están a beneficiar a 1.049 familias e 1.378 menores de 18 anos.

En Oímbra, segundo resaltou a conselleira, o programa ofrece múltiples actividades, como clases de inglés, excursións, ximnasia ou bricolaxe.

A conciliación é un eixo prioritario das políticas da Xunta, un ámbito ao que só a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade está a destinar este ano máis de 16 millóns de euros, máis do triplo que en 2021. Lorenzana tamén puxo en valor que a nova Lei autonómica para a igualdade efectiva entre mulleres e homes prestará especial interese á igualdade e o benestar laboral e á conciliación da vida persoal e profesional.

Así mesmo, avanzou que no segundo semestre deste ano está previsto finalizar a avaliación completa do I Plan Galego de Conciliación e Corresponsabilidade (2018-2021) e presentar o II Plan, que terá unha vixencia ata 2027.

Relacionadas

A Xunta impulsa melloras en 145 establecementos turísticos cun investimento de 3,5M€

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas de 3,5M€ que sufragan as actuacións de accesibilidade, dixitalización ou modernización...

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

A Xunta pon en valor o labor dos centros comerciais abertos e federacións de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou na inauguración da IV...

A Xunta avanza nos nos traballos para construir o Comité de Expertos que estudará...

0
As Consellerías de Medio Ambiente e Cambio Climático e do Mar están a deseñar a composición dese grupo e as liñas de actuación para...

A Xunta enxalza os emigrantes como os mellores embaixadores de Galicia no Mundo

0
Coincidindo co Día de Galicia, José González asistirá ao acto do 45º aniversario do Centro Galicia de Bos Aires, unha entidade que conta con...

Publicacións Relacionadas