Home Xunta de Galicia A Xunta incide no compromiso co fortalecemento do emprego de calidade avogando...

A Xunta incide no compromiso co fortalecemento do emprego de calidade avogando polo diálogo social

- Anuncio -

José González manifestou a preocupación polo futuro dos traballadores afectados en Galicia e reclamou unha maior información por parte do Goberno central, quen ten as competencias exclusivas na tramitación deste expediente

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, manifestou o firme compromiso da Xunta coa creación e o mantemento dun emprego de calidade. Así o sinalou esta mañá no pleno do Parlamento, no marco da resposta a unha pregunta sobre o expediente de regulación de emprego anunciado pola empresa Circet Europe para os seus traballadores en España e cuxa tramitación, atendendo á normativa vixente, é competencia exclusiva do Goberno central ao tratarse dun grupo con centros de traballo repartidos por diferentes puntos da xeografía do Estado.

O titular de Emprego lamentou a decisión da compañía francesa e manifestou a preocupación polo futuro dos 118 traballadores que ten en Galicia. Neste senso, reclamou ao Executivo estatal unha maior transparencia e comunicación, atendendo ás demandas de información realizadas polo Executivo galego acerca da situación do procedemento co obxectivo de velar pola boa fe no proceso de negociación e pola salvagarda dos dereitos dos traballadores.
José González sinalou que Galicia permanecerá atenta á situación e reafirmou o compromiso por seguir avanzando na senda de fortalecemento que experimenta o mercado laboral galego e consolidando o emprego de calidade, no marco da aposta polo diálogo social.

Relacionadas

A Xunta levará este Nadal propostas culturais en galego a unha trintena de concellos

0
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presenta a programación para a época festiva con actividades que inclúen teatro, música, maxia ou monicrequesA isto...

Arranca `Nadal en Galicia’ cunha ampla axenda de eventos para potenciar o valor turístico...

0
Turismo de Galicia convida a participar en propostas como beléns, mercados e espectáculos que se celebran nas catro provincias Beléns para visitar, mercados para comprar...

Belén do Campo visita as actuacións de revalorización do Castro de Montes Claros realizadas...

0
A delegada destacou que a última intervención supuxo un investimento de 10.300 euros que se uniu ao realizado polo concello da Laracha para poñer...

A Filmoteca de Galicia recibe a directora Carla Simón cun novo cheo do ciclo...

0
A Filmoteca de Galicia recibiu na tarde de onte a directora catalá Carla Simón para unha sesión do seu ciclo Close-Up sobre cinema e...

A Xunta levará este Nadal propostas culturais en galego a unha trintena de concellos

0
— O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presenta a programación para a época festiva con actividades que inclúen teatro, música, maxia ou monicreques —...

As axudas da Xunta para mellorar a imaxe exterior de vivendas, edificios municipais e...

0
— Ángeles Vázquez explica que as entidades locais poden optar a axudas por importe máximo de 40.000 € e os propietarios particulares, a incentivos...

Publicacións Relacionadas