Home Lugo A Xunta incorpora ao Catálogo de Árbores Senlleiras a Nogueira do Camiño...

A Xunta incorpora ao Catálogo de Árbores Senlleiras a Nogueira do Camiño Vello, localizada no concello de Triacastela

- Anuncio -

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se fai pública a inclusión deste exemplar atendendo ás súas características dendrométricas, á súa singularidade e á beleza do seu porte

A Xunta de Galicia incorpora ao Catálogo galego de árbores senlleiras a Nogueira do Camiño Vello (Juglans regia L), no concello de Triacastela, segundo publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, que salienta as características dendrométricas, a singularidade e a beleza deste exemplar.

A Nogueira do Camiño Vello, con 9 metros de altura e 7 metros de circunferencia e cunha inclinación de 40º cara ao leste, enraizada directamente na rocha localízase ao carón da Casa da Ponte, vella ferrería onde en 1812 a Xunta Superior de Galicia instalou un hospital de tránsito para atender a soldados enfermos que loitaban contra as tropas francesas durante a Guerra de Independencia.

O seu vasto toro e as súas cavidades, algunhas delas completamente abertas, mostran o inescrutable paso do tempo, as inxerencias do clima e dos insectos que nela habitan.

Unha ferramenta en constante actualización
O Catálogo galego de árbores senlleiras é unha ferramenta aberta e en constante actualización, podendo propoñer a inclusión de elementos novos os seus propietarios, as administracións, os centros de investigación ou asociacións e aquelas entidades privadas ou públicas que teñan entre os seus fins estatutarios a protección da natureza.

De feito, desde a aprobación do seu regulamento no ano 2007, foi obxecto xa de diversas revisións e periodicamente sométense a información pública novas propostas para valorar a posible incorporación de exemplares con valores salientables, como é o caso da Nogueira do Camiño Vello.

Este rexistro público de carácter administrativo inclúe todas aquelas árbores e formacións excepcionais merecentes de protección en atención ás excepcionais características do seu porte, proporcións, idade, rareza, significación histórica ou cultural, interese científico, educativo, estético, paisaxístico ou calquera outra circunstancia que as faga merecentes dunha especial protección.

Na actualidade, forman parte do Catálogo un total de 184 elementos —145 exemplares e 39 formacións arbóreas— pertencentes a 81 especies diferentes e coa seguinte distribución por provincias:

PROVINCIAÁRBORESFORMACIÓNSTOTAL
A Coruña411354
Lugo35641
Ourense20626
Pontevedra491463
Total14539184

Relacionadas

Un total de 147 asociacións de nais e pais que xestionan comedores escolares acceden ás axudas...

0
— O Goberno galego reforzou nos últimos anos esta liña, o que fai que estas asociacións reciban hoxe case o tripo do importe que...

A Xunta convoca a batería máis de medidas para apoiar aos autónomos a...

0
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a primeira convocatoria unificada para autónomos co gallo de axilizar a tramitación de achegas e avanzar...

A Xunta salienta o seu esforzo na posta en valor e mellora da área...

0
Ángeles Vázquez destaca entre as melloras acometidas os máis de 160.000 € investidos en accións de mellora da vexetación de ribeira e eliminación de...

Galicia rexistrou en 2024 o terceiro ano máis cálido das últimas seis décadas

0
— Ángeles Vázquez explica que 2024 se caracterizou por ser un período extremadamente cálido e húmido — A temperatura media rexistrada foi de 14,7 graos...

López Campos anuncia a licitación por máis de 300.000€ das obras de restauración do...

0
Adianta que a actuación contará cun prazo de execución previsto de 6 meses e está dirixida a resolver as patoloxías causadas polas humidades que...

López Campos anima a veciñanza de Coristanco a gozar das novas instalacións da Biblioteca Municipal

0
— A Xunta destina, mediante convenio co Concello, 100.000€ para a reforma e ampliación do espazo, a metade do orzamento — O conselleiro de Cultura,...

Publicacións Relacionadas