HomeXunta de GaliciaA Xunta leva a Málaga o seu modelo de tranferencia de coñecemento...

A Xunta leva a Málaga o seu modelo de tranferencia de coñecemento con máis de 20 entidades da I+G+I

- Anuncio -spot_img

— Galicia participa no foro europeo Transfiere, un encontro de referencia internacional centrado en conectar ciencia, empresa e administración para impulsar a I+D+i

— A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, participa nunha mesa redonda para dar a coñecer as políticas galegas neste eido

A Xunta de Galicia participa en Málaga no foro europeo Transfiere 2026, un encontro de referencia internacional centrado en conectar ciencia, empresa e administración. Esta cita, na que están presentes máis de 20 entidades da I+G+i, a investigación e a innovación feita en Galicia, posibilita que Galicia leve o seu modelo de transferencia de coñecemento a esta xornada, cunha axenda centrada en explorar sinerxías e oportunidades para a transferencia de coñecemento rexional.

A delegación galega, liderada polo Goberno autonómico, conta cun stand institucional na feira no que participan as consellerías de Educación, Ciencia, Universsidades e FP, de Economía e Industria e de Sanidade, así como das tres universidades públicas galegas (Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña), con cinco dos centros de investigación da Rede CIGUS (CITIC, CiTIUS, CiQUS, AtlanTTic e CIM); o Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC), a Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria, a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC, a Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA), con cinco dos seus centros (AIMEN, ANFACO, CETIM, CTAG e GRADIANT); o Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR), o Digital Innovation Hub de Galicia (DIHGIGAL), a Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA); o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia (BIOGA), o Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (VIRATEC), o Cluster TIC Galicia e Unirisco.

Ademais da presenza cun espazo expositivo, a Xunta de Galicia participa en dúas mesas redondas do evento para compartir a súa experiencia e visión en materia de transferencia de coñecemento. Por unha banda, a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, foi unha das relatoras da mesa redonda Estratexias territoriais de innovación, na que puxo o foco nas convocatorias de éxito como as Unidades Mixtas de Investigación ou Nexos, así como en programas de referencia como Ignicia.

Por outra banda, o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández, participou na mesa redonda Proxectos de Compra Pública Innovadora. Neste sentido, Galicia sitúase como líder en España tras captar 45,6 M€ na última convocatoria da liña FID (Fomento da Innovación desde a Demanda).

A participación do Goberno galego neste evento enmárcase no desenvolvemento do programa Ignicia, que busca mellorar a transferencia dos resultados da investigación realizada nos centros de coñecemento galegos ao tecido produtivo. Trátase dun programa singular e pioneiro en España, destacado como boa práctica pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE). Desde a súa primeira convocatoria, o programa apoiou 32 proxectos cun investimento de 16,6 M€ e a captación de máis de 27 M€, xerando 150 empregos de alta cualificación e a creación de 11 spin-offs e tres acordos coa industria.

Un dos principais eventos de transferencia
Transfiere é un dos principais eventos europeos de ciencia, tecnolóxica e innovación. O evento dá acceso a tendencias tecnolóxicas disruptivas, solucións innovadoras, oportunidades de financiamento e redes de contacto para impulsar alianzas estratéxicas no contexto global. Neste marco, a Xunta promove a participación dos axentes de I+D+i rexionais e a xeración de oportunidades de colaboración para a investigación e a innovación feitas en Galicia.

Nestas xornadas, que se prolongarán ata o xoves e ten programadas diversos coloquios e mesas redondas, están a participar máis de 400 entidades, empresas e administracións públicas de I+D+i, así como 300 expertos e conta con medio centenar de universidades nacionais e internacionais, ademais de máis dun cento de paneis temáticos.

Publicacións Relacionadas