Home Xunta de Galicia A Xunta licita a compra de lámpadas cirúrxicas para o Hospital novo...

A Xunta licita a compra de lámpadas cirúrxicas para o Hospital novo Montecelo de Pontevedra cun importe de máis de 600.000€

- Anuncio -

― Estarán destinadas aos quirófanos asignados aos servizos de Urxencias, Anatomía Patolóxica, Cardioloxía, Dermatoloxía, Traumatoloxía, así coma á área de intervencionismo cardiovascular, a Nefroloxía e ao novo bloque obstétrico do hospital

A Xunta de Galicia ven de licitar o subministro de lámpadas cirúrxicas por máis de 600.000 € para a posta en marcha dos servizos sanitarios vinculados ao Plan Funcional e de espazos do hospital Novo Montecelo de Pontevedra, así coma para a posta en marcha e funcionamento dos servizos vinculados ás obras da Fase 1 do Plan Director do Complexo Hospitalario de Ferrol.
As lámparas cirúrxicas para o hospital Novo Montecelo estarán destinadas aos quirófanos asignados aos servizos de Urxencias, Anatomía Patolóxica, Cardioloxía, Dermatoloxía, Traumatoloxía, así coma á área de intervencionismo cardiovascular, a Nefroloxía e ao novo bloque obstétrico do hospital.

LED de última xeración con 160.000 lux de potencia

Cómpre sinalar que estas lampadas cirúrxicas contan con tecnoloxía LED de última xeración, cunha potencia de 160.000 lux. Están deseñadas para dar a máxima potencia lumínica posible, que incluso pode regularse tanto en intensidade coma en cor. Dispoñen dunha lámpada principal e outras satélites, emprazadas cada unha nun eixo de anclaxe. Así mesmo, dispoñen de 6 eixes de angulación e a súa distribución lles permite un amplo radio de luz, con ata 360 graos de rotación.

Naquelas lampadas de quirófano nas que se require unha estructura con dúas cúpulas, a súa disposición será en dous eixes -unha cúpula en cada eixe- o que lles vai permitir unha maior flexibilidade no tocante aos seus alcances e ergonomía. Así mesmo, estas estructuras lumínicas incluirán monitores 4K, o que lles proporciona unha calidade de imaxe superior con respecto a licitacións anteriores.

Calcúlase que a vida útil das lámpadas cirúrxicas para os servizos sanitarios vinculados ao Plan Funcional e de espazos do hospital Novo Montecelo superarán as 60.000 horas e, aínda que aportarán unha alta intensidade lumínica, serán de baixo consumo. Esta licitación responde ao compromiso da Xunta de Galicia de potenciar a calidade da cobertura sanitaria pública á poboación de Pontevedra e O Salnés, aportando tamén os últimos avances tecnolóxicos lumínicos cirúrxicos de vangarda.

Relacionadas

A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado...

Galicia e Portugal avanzan no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro...

0
Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e...

A Xunta lanza unha publicación sobre a Serra do Oribio para promover os valores...

0
— Ángeles Vázquez incide en que esta contorna protexida combina a riqueza natural dun hábitat de montaña con importantes valores patrimoniais e culturais — Anima...

Diego Calvo asiste á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de Relacións Institucionais...

Rueda destaca a ampliación de espazos e recursos das unidades de reprodución asistida do...

0
— Lembra que a Xunta permitirá que as mulleres poidan conxelar os seus óvulos na sanidade pública sen necesidade de ter unha patoloxía previa —...

Marta Mariño Regueiro toma posesión como directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social

0
Trátase dunha nova Dirección Xeral que responde á decisión estratéxica de impulsar o emprendemento e a economía social como vías para a xeración de...

Publicacións Relacionadas