Home Ourense A Xunta, o concello de Ourense e os praceiros asinan o protocolo...

A Xunta, o concello de Ourense e os praceiros asinan o protocolo para o traslado dos comerciantes á praza de abastos con garantías e no menor tempo posible

- Anuncio -

― Goberno autonómico e municipal acordan unha cofinanciación máxima de 2M€ para as obras de adecuación que sexan consensuadas, investimento para o que a Xunta consignou 1M€ nas contas do 2025


― Desta achega, 800.000€ serán destinados ás obras do plan funcional definitivo con acordo para o seu financiamento e outros 200.000, que poderán ser ampliados, para as actuacións vistas como esenciais por Xunta e praceiros, pero que o Concello non quere financiar


― Dentro da súa aposta por chegar a un acordo que desatasque a situación, o Goberno galego asumirá en exclusiva actuacións consideradas como clave para o funcionamento deste espazo comercial como o montacargas ou, chegado o momento, a pasarela peonil


― Todas as medidas recollidas no plan funcional definitivo formarán parte, tal e como detalla o documento asinado hoxe, do futuro proxecto de execución de obra, de cuxa redacción se encargará o Concello de Ourense e que terá que contar co beneplácito do Goberno galego


― As tres partes garanten por escrito a súa disposición a acelerar todos os procesos e negociacións, asumindo os comerciantes o compromiso de trasladarse ao edificio rehabilitado no prazo de dous meses desde a recepción destas obras de adecuación

A Xunta, o Concello de Ourense e a Compañía Mercantil de Comerciantes Asociados do Mercado de Abastos nº 1 de Ourense asinaron hoxe o protocolo de colaboración para o traslado dos comerciantes á Praza de Abastos nº1 de Ourense. O documento selárono o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, o alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome, e o presidente da entidade comercial, Emilio González, tras varios contactos e xuntanzas para pechar o acordo.
Como un dos puntos destacados, o protocolo establece que a Xunta e o Concello cofinanciarán a reactivación deste edificio emblemático da cidade, acordando un máximo orzamentario para as actuacións consensuadas de 2M€, e para o que o Goberno galego xa consignou 1M€ nas contas do vindeiro ano.
Desta achega inicial da Xunta, 800.000 euros serán destinados ás obras que se recollan no plan funcional definitivo e que atopen o consenso das tres partes para o seu financiamento. Os outros 200.000 euros -e que o Goberno galego está en disposición de incrementar se é necesario- permitirán asumir -á marxe do tope orzamentario- as obras incluídas nese plan por ser definidas como necesarias pola administración autonómica e os praceiros, pero que o Concello de Ourense xa advertiu que non respalda a nivel económico.
Trátase de obras como a mellora do circuíto de carga e descarga das mercancías ou, chegado o momento, a pasarela peonil que conecte a praza coa rúa Progreso, consideradas como fundamentais para garantir a eficiencia e a confortabilidade de comerciantes e usuarios e que foron incluídos no primeiro plan funcional, un documento elaborado en verán atendendo as demandas dos praceiros e que agora, a través deste protocolo, será consensuado co Concello para chegar ao plan funcional definitivo.
A través do compromiso asinado hoxe polo conselleiro, que estivo acompañado polo delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e o director xeral de comercio, Gabriel Alén, o Goberno galego busca facilitar o acordo e garantir a mellor praza posible. De feito, o documento recolle o papel da administración autonómica na mediación entre Concello -titular do mercado- e comerciantes -concesionarios do espazo-, para desatascar e reconducir as negociacións. Cómpre salientar que as tres partes implicadas comprométense por escrito a axilizar ao máximo todo este proceso, apoiándose nunha solución negociada que permita recortar prazos.
Paso seguinte: recepción das obras e perfilado técnico das actuacións para o retorno
Este é, polo tanto, un novo chanzo dentro dos traballos que se están realizando para a reactivación da praza de abastos da capital ourensá. Analizada a situación de partida a través dese primeiro documento técnico que recolleu e avaliou as necesidades dos comerciantes, o protocolo asinado hoxe establece a folla de ruta que debe garantir o traslado dos praceiros e a potenciación desta infraestrutura, estratéxica para a cidade.
O seguinte paso iniciarase coa recepción pendente das actuais obras de reforma do edificio rehabilitado por parte do Concello de Ourense, fito previo a que os técnicos seleccionados por cada administración supervisen o estado actual do mercado e rematen de perfilar as actuacións necesarias para dotar ao edificio da funcionalidade precisa, que quedarán incluídas no plan funcional definitivo. Estas actuacións serán recollidas, tal e como detalla o documento asinado hoxe, no futuro proxecto de execución de obra, de cuxa redacción se encargará o Concello de Ourense e que terá que contar co beneplácito da Xunta. Os comerciantes, pola súa parte, asumen o compromiso de trasladarse desde a súa ubicación provisional na Alameda no prazo de dous meses desde a recepción das futuras obras de adecuación.

Relacionadas

Luis Menor e José Ramón Lete reforzan a cooperación institucional a prol das infraestruturas...

0
O presidente da Deputación e o secretario xeral para o Deporte, Luis Menor e José Ramón Lete, respectivamente, mantiveron esta mañá unha reunión de...

O Auditorio de Ourense acollerá os días 8 e 9 de novembro o III...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a concelleira de Asuntos Sociais, Tamara Silva, participaron esta mañá no acto de presentación, na Praza...

A Xunta de Goberno autoriza a ampliación do prazo de execución das obras de...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá en sesión extraordinaria e urxente autorizar a ampliación, nun mes e medio,...

Presentado o primeiro torneo de mus Concello de Ourense San Martiño, que se desenvolverá...

0
O salón de plenos acolleu esta mañá a presentación do primeiro torneo de mus Concello de Ourense San Martiño, que organiza a Asociación de...

Luis Menor amósase orgulloso “de que a nosa provincia cumpra cos obxectivos ODS, dando...

0
No acto de peche do proxecto OUDS A2030, que implicou a 27 municipios da provincia na creacións das súas propias axendas 2030 en desenvolvemento...

Galicia rexistra a cifra de paro máis baixa nun outubro de toda a serie...

0
― A cifra de persoas desempregadas é de 122.214, un descenso con respecto a outubro de 2023 dun 8,35% que supera en 2,65 puntos...

Publicacións Relacionadas