HomeXunta de GaliciaA Xunta participa na Carreira Enki-2025 para concienciar sobre a importancia da...

A Xunta participa na Carreira Enki-2025 para concienciar sobre a importancia da inclusión no deporte das persoas con diversidade funcional

- Anuncio -spot_img

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde na Carreira Enki-2025 e, posteriormente, tamén coa directora xeral de persoas con discapacidade, Begoña Abeijón, na entrega de premios. A duodécima edición do evento, organizado un ano máis pola Fundación Enki, é unha das citas ineludibles do calendario deportivo e solidario da comunidade e unha das carreiras máis multitudinarias a nivel nacional. Como en cada edición, reúne a entidades sociais co obxectivo de sensibilizar e concienciar á cidadanía a través do deporte sobre a importancia da inclusión social de persoas con diversidade funcional. Cómpre lembrar que a Xunta colabora coa Fundación Enki a través da convocatoria de achegas do IRPF que suma 300.000 euros para diferentes programas e iniciativas de inclusión, dos que máis de 38.000 euros, se destinan a esta carreira, na que tamén colabora a Consellería de Deportes.

Publicacións Relacionadas