Home Xunta de Galicia A segunda edición do foro Jacobus Pharm de reflexión para farmacéuticos residentes...

A segunda edición do foro Jacobus Pharm de reflexión para farmacéuticos residentes de Farmacia Hospitalaria celebraráse en Vilagarcía de Arousa

- Anuncio -
  • O servizo de Farmacia da Área Sanitaria de Pontevedra e o Salnés organiza no Pazo Rial arousán do 18 ao 20 de abril este evento, que analizará diversas actividades clave no eido da Farmacia Hospitalaria e o seu exercicio profesional

A segunda edición do foro Jacobus Pharm –espazo de reflexión para farmacéuticos residentes de Farmacia Hospitalaria- organizado polo Servizo de Farmacia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, celebraráse os vindeiros xoves 18, venres 19 e sábado 20 de abril no Pazo Rial de Vilagarcía de Arousa. Neste evento analizaránse diversas actividades clave no eido desta especialidade e o seu exercicio profesional, coma complemento da formación específica destes farmacéuticos residentes.

A programación docente do foro Jacobus Pharm inclúe módulos e sesións temáticas nos que relatores e poñentes pertencentes a de diversas Comunidades Autónomas do Sistema Nacional de Saúde e da Axencia Española do Medicamentos e Produtos Sanitarios –de Galicia, Andalucía, Asturias, Canarias, Cataluña, Castela e León, Madrid e Comunidade Valenciana- compartirán as súas experiencias e coñecementos cos farmacéuticos internos residentes participantes, xenerando espazos para a reflexión sobre cada temática tratada.

Segundo sinala o xefe de servizo de Farmacia da Área Sanitaria e presidente do Comité Organizador do foro Jacobus Pharm, o doutor Carlos Crespo Diz, “o nome de Jacobus fai referencia ao camiño de peregrinaxe que un profesional da asistencia sanitaria -e neste caso concreto da farmacia hospitalaria- ten que facer durante a súa etapa de especialización e, sobor de todo a posteriori desta etapa, cando en busca do seu desenvolvemento profesional require coñecementos de diversas áreas científicas en continua evolución”.

Carlos Crespo Diz engade que “esta segunda edición incrementa os módulos de reflexión que se levaron a cabo o ano pasado, xa que os residentes participantes demandaron un maior tempo de formación para compartir cos seus referentes. Compártense coñecementos e experiencias entre farmacéuticos líderes de servizos de Farmacia e unidades de relevancia asistencial ou de investigación e innovación coa futura xeneración de coordinadores de Farmacia Hospitalaria do sistema nacional de saúde”.

Testemuñas e aportacións de novos farmacéuticos hospitalarios

O foro Jacobus Pharm tamén presentará durante os seus tres días de duración no Pazo Rial testemuñas e aportacións de novos farmacéuticos hospitalarios que remataron recentemente o seu período formativo especializado e que acadaron experiencias de éxito no seu desenvolvemento profesional e formativo. Deste xeito, os residentes en formación poderán reflexionar de primeira man sobre os distintos eidos do exercicio profesional con persoas que fai pouco tempo estaban na mesma etapa formativa que eles.

Carlos Crespo avoga pola realización de actividades formativas semellantes “pois existe unha carencia importante de espazos de reflexión deste tipo, nos que os participantes son os protagonistas. Cada un dos residentes participantes ten a palabra para compartir cos seus compañeiros e cos líderes referentes e os de recente éxito, as súas inquedanzas e obxectivos”

A Farmacia Hospitalaria é unha das especializacións farmacéuticas que require residencia hospitalaria durante catro anos de formación especializada como Farmacéutico Interno Residente (FIR), de xeito semellante aos médicos internos residentes (MIR).

A evolución e desenvolvemento da Farmacia Clínica e Terapéutica así como todos os procesos relacionados coa investigación con medicamentos en ensaios clínicos e a revolución da medicina personalizada, a farmacocinética e farmacoxenética, as terapias avanzadas tanto celular como terapia xénica fan que a os farmacéuticos especialistas en Farmacia Hospitalaria sexan un dos profesionais do presente e futuro no ámbito da atención hospitalaria no sistema sanitario.

Relacionadas

A Xunta destaca o éxito da V edición do Bono Activa Comercio con preto...

0
José González visita esta tarde dous comercios da rúa Xoán XXIII de Ourense que participan nesta campaña e ofrecen os descontos financiados polo Goberno...

A Xunta reúnese coa AECT Río Minho para abordar os proxectos en marcha en...

0
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse cos responsables desta entidade de cooperación, no marco da rolda de contactos...

A Xunta destina máis de 257.000€ á renovación da instalación da Protección de Incendios...

0
A plataforma Contratos públicos de Galicia publica hoxe a licitación da obra, coa previsión de que poida empezar en setembro cun prazo de execución...

A Xunta apoia o achegamento dos máis pequenos ao oficio da xoiería mediante o...

0
— O secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho, asistiu hoxe á cerimonia de entrega de premios deste concurso...

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Publicacións Relacionadas