Home Ourense O Carballiño A Xunta participa no Carballiño na entrega de premios da campaña ‘Merca...

A Xunta participa no Carballiño na entrega de premios da campaña ‘Merca no teu Comercio’ realizada na provincia de Ourense

- Anuncio -

— O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu ao sorteo especial de 1.000 euros correspondente á primeira edición desta iniciativa de colaboración coa Federación Galega de Comercio

— A segunda quenda da campaña, que se realizará do 1 ao 20 de novembro, volverá repartir un total de 11.000 euros en bonos de 200 € para canxear nos establecementos adheridos, ademais dun premio final doutros 1.000 euros

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta tarde na entrega de premios da primeira edición da campaña Merca no teu comercio na provincia ourensana, posta en marcha pola Xunta e a Federación Galega de Comercio para estimular a demanda e poñer en valor o comercio de proximidade.
Tras o sorteo realizado de 50 bonos QR de 200 euros cada un entre todos os tíckets correspondentes a compras efectuadas entre o 1 e o 20 de outubro nos comercios adheridos da provincia de Ourense, no acto de hoxe -no que tamén estivo presente o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas- sorteouse de xeito presencial un premio especial de 1.000 euros entre todos os premiados. Este galardón deberá ser gastado pola persoa agraciada nunha única xornada de compras dentro da semana seguinte ao sorteo, tal e como establecen as condicións de participación.
Esta mesma semana actívase na provincia a segunda edición desta campaña, que se prolongará desde este venres 1 de novembro ata o día 20, cun sorteo previsto para o 22 de novembro entre todos os tíckets participantes doutros 50 bonos de 200 €, e cuxa gala final se celebrará o 28 do vindeiro mes no auditorio municipal de Verín.
A iniciativa Merca no teu comercio, que tamén se está desenvolvendo no resto de provincias galegas, enmárcase no convenio asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Comercio para avanzar na innovación, dixitalización e dinamización do sector.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Publicacións Relacionadas