A Xunta pon de relevo o emprendemento no sector primario co gallo da 3ª edición do “Festival da Cultura Verde Plant Fest”

Redacción

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, asistiu hoxe á 3ª edición do Festival da Cultura Verde Plant Fest, unha iniciativa coa que colabora a Xunta de Galicia na que destacou a implicación de proxectos asesorados na Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego neste evento que acolle obradoiros para todas as idades, faladoiros e coloquios, entre outras actividades.

No marco da elaboración da futura Estratexia de emprendemento ligado ao territorio, Fernández resaltou a importancia de ligar a actividade económica a cada contorna, detectando os negocios imprescindibles e orientando as novas empresas cara aos recursos existentes, co gallo de asegurar o futuro do tecido produtivo galego. Nese senso, referiuse á importancia de apostar polo rural e polo sector primario, lembrando apoios da Xunta neste senso como a cota cero de dous anos de duración para as novas altas de persoas traballadoras autónomas na agricultura, na gandaría ou na silvicultura.

Comparte este artigo