As actividades comezan o 20 de setembro e desenvolveranse ata outubro en aulas da rede CeMIT de catro concellos galegos e na Sala Eisenman da Cidade da Cultura
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia organiza, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), pon en marcha a X edición do Programa Scratch Day. Esta iniciativa cumpre unha década contribuíndo a derrubar mitos sobre a programación informática e fomentando as vocacións no ámbito STEAM desde idades temperás.
O programa, dirixido a rapazada de entre 7 e 15 anos, desenvolverase entre os meses de setembro e outubro, con xornadas formativas en aulas CeMIT de catro concellos galegos: Tui, A Cañiza, A Coruña e Cuntis.
A xornada final do programa terá lugar o 18 de outubro e celebrarase na Sala Einsenman da Cidade da Cultura. En paralelo á mesma celebrarase unha actividade formativa específica para profesorado e formadores de centros de ensinanza. O obxectivo desta formación é mostrarlles aos profesionais do ensino as vantaxes de traballar e ensinar a través deste tipo de tecnoloxía, coa que se incentivan a creatividade, o emprendemento e a capacidade de resolución de problemas, entre outros valores.
Contidos do programa
Os rapaces e rapazas que participen no programa desenvolverán a súa actividade en dúas fases, na primeira, introduciranse nos videoxogos con Scratch, aprendendo a mover, lanzar e interaccionar con obxectos e crearán un videoxogo básico. A continuación, realizarase unha introdución ao uso de MicroBit con Scratch e levarase a cabo a montaxe dun semáforo con alumeado automatizado e adestrarase un modelo propio de machine learning empregando Scratch para coñecer as orixes da IA que se emprega na actualidade.
Inscrición e calendario de actividades
O prazo de inscrición está aberto e pode realizarse a través de portal da rede CeMIT. Os rapaces e rapazas que queiran participar deben ir acompañados ás xornadas dun adulto. As datas e aulas das xornadas son as seguintes:
Aula CeMIT de Tui | 20/09/2025 | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/51618 |
Aula CeMIT de A Cañiza | 27/09/2025 | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/51620 |
Aula CeMIT de A Coruña – Centro Cívico de Eirís | 04/10/2025 | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/51681 |
Aula CeMIT de Cuntis | 04/10/2025 | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/51573 |
Sala Eisenman – Cidade da Cultura | 18/10/2025 | http://scratchday.cpetig.gal/ |