HomeXunta de GaliciaA Xunta pon en valor na Mesa Estatal de Directores Xerais de...

A Xunta pon en valor na Mesa Estatal de Directores Xerais de Comercio o compromiso prioritario co sector que se reforzará a través do futuro plan estratéxico

- Anuncio -spot_img
  • O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na mesa de directores xerais de comercio das diferentes CCAA organizada polo Ministerio de Economía, Industria e Empresa no marco do Congreso de Comercio de Canarias
  • Gabriel Alén destacou diferentes apoios do Executivo galego co eido comercial con axudas para a modernización, dixitalización e sostibilidade do comercio retallista e liñas específicas para os centros comercias abertos e prazas e mercados

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta mañá na mesa de directores xerais de comercio das diferentes comunidades autónomas, organizada polo Ministerio de Economía, Industria e Empresa no marco da celebración do Congreso de Comercio de Canarias. O obxectivo deste encontro de directores xerais é eliminar a disparidade de requisitos administrativos entre comunidades autónomas e entidades locais, reducindo trámites e ao mesmo tempo compartir e debatir as problemáticas, retos e propostas das diferentes rexións. Este traballo enmárcase na proposta de creación dun marco común no eido comercial —por parte do Ministerio de Economía, Industria e Empresa— para todo o territorio estatal denominado Régimen 20.

Na súa intervención, o director xeral resaltou o compromiso da Comunidade galega co sector comercial, destacando as diferentes liñas de achegas ofertadas polo Executivo para este eido como os apoios dirixidos aos centros comerciais abertos (2,5M€) ou os orientados a impulsar a modernización, dixitalización e sostibilidade do comercio retallista e dos obradoiros artesanais galegos (3,9M€). Por outra banda, destacou o papel clave das prazas e mercados de abastos, ás que que se destinan achegas específicas dotadas cun orzamento de 3,3M€ para potencialas e impulsar a súa certificación como Mercados Excelentes. Todas estas axudas atópanse enmarcadas no futuro Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030, realizando tras un intenso proceso de escoita activa e de coñecemento da situación real do sector.

Gabriel Alén tamén destacou outra serie de apoios dispoñibles por parte do Executivo galego que teñen un forte impacto no comercio retallista, como o novo Bono Remuda —incluído este ano na orde unificada de axudas para autónomos— que cun orzamento de 1,25 millóns de euros tenta facilitar que as persoas interesadas en emprender teñan a posibilidade de recoller a testemuña dun negocio xa viable economicamente que pecha por xubilación, incapacidade ou falecemento da persoa titular.

Tamén sinalou a labor que leva realizado desde a súa creación no ano 2022 a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que de maneira totalmente gratuíta e personalizada leva preto de 4.000 proxectos asesorados, sendo unha das medidas que lle valeu a Galicia ser recoñecida pola Unión Europea co galardón Región Europea Emprendedora 2025.

Publicacións Relacionadas