Home Xunta de Galicia A Xunta presenta novas campañas de prevención de riscos laborais co gallo...

A Xunta presenta novas campañas de prevención de riscos laborais co gallo do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo 2024

- Anuncio -

― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou hoxe en Ourense a presentación dunha campaña do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia para previr caídas de altura pola instalación de paneis solares en cubertas

― Mentres, o próximo martes en Lugo, o Issga dará a coñecer unha campaña para garantir a seguridade dos aproveitamentos forestais en zonas perigosas

― Con motivo do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo que se conmemora o próximo domingo 28 de abril, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ten preparadas tamén accións formativas ou en colaboración con distintos sectores

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou hoxe en Ourense o acto de presentación dunha nova campaña do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) para previr as caídas de altura por mor da instalación de paneis solares en cubertas. Segundo destacou, esta presentación -que se enmarca nas accións co gallo do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo que se conmemora o próximo domingo 28 de abril e que tamén contou coa presenza da xerente do Issga, Adela Quinzá-Torroja- realízase en colaboración co sector da construción, entre o que se distribuirá documentación técnica que contribúa a reducir a sinistralidade laboral.

Debido ao aumento da instalación de paneis fotovoltaicos nas cubertas de edificios ou de empresas increméntase tamén a súa necesidade de mantemento e reparación, o que comporta riscos -especialmente- de caída de altura. Por iso, a campaña inclúe a publicación e difusión de dous documentos. O primeiro, en forma de alerta, consta de explicacións sinxelas e resumidas. O segundo, máis extenso, cita a normativa que resulta de aplicación nestes casos e recolle as distintas obrigas dos implicados nesta actividade, tanto dos que teñen instalados paneis solares nas súas cubertas, como dos que deciden instalalos e dos instaladores.

Así, entre as recomendacións que se inclúen atópase a de analizar o estado da cuberta, a situación dos paneis solares, a forma de acceso, permanencia, circulación e descenso da cuberta, así como as posibles situacións de emerxencia que se poden dar. Establécese que o persoal traballador debe coñecer o modo de acceder e permanecer de forma segura así como os equipos para empregar e contar coa capacitación e a formación necesarias. Se é necesario elaborar un proxecto, débese integrar a prevención de riscos laborais no deseño da cuberta garantindo que conte con elementos para acceder a realizar os labores de inspección e mantemento en condicións de seguridade.

No marco da campaña, están previstas visitas a distintas empresas en cuxas cubertas estean funcionando paneis solares, ademais de a obras de construción nas que estea prevista a colocación deste tipo de instalacións en cuberta.

Deste xeito, a campaña está dirixida ás empresas instaladoras de paneis solares, ás promotoras, ás construtoras, así como a empresas ou entidades que teñan colocados estes paneis en cubertas. Tamén aos servizos de prevención e delegados de prevención, representantes sindicais, asesorías e mutuas colaboradoras, así como a proxectistas e coordinadores de seguridade e saúde laboral e a outros axentes relacionados co sector.

Máis actos do Issga

Con motivo do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo -que este ano está centrado nas repercusións do cambio climático neste eido e nas posibles respostas- o martes próximo presentarase en Lugo unha nova campaña preventiva do Issga, enmarcadas ambas na Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027. Tratarase nese caso de garantir a seguridade dos aproveitamentos forestais en zonas perigosas.

En presenza do sector, mostraranse así de xeito gráfico e visual recomendacións para recoñecer as zonas perigosas nas principais tarefas de aproveitamento forestal, como poden ser a corta manual ou mecanizada de árbores, o tronzado ou saca de madeira e a carga sobre plataforma, máis aló doutras situacións especiais que se poden rexistrar.

Cómpre engadir que o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia organizou xa a semana pasada unha xornada técnica baixo o título Como avanzar no benestar laboral e ser unha empresa saudable e sostible. Nos próximos días tamén están programadas visitas da Escola Galega de Prevención co gallo de concienciar ás novas xeracións da necesidade de consolidar pautas de saúde e seguridade laboral e accións a prol de colectivos senlleiros como as redeiras e mariscadoras.

Relacionadas

Román Rodríguez presenta o proxecto de reforma do Colexio CEIP Froebel cun investimento de...

0
O conselleiro de Educación destaca que se trata dun compromiso cumprido ca cidade do Lérez, ademais dunha actuación moi agardada pola comunidade educativaIntentarase realizar...

Rueda reúnese co xefe de goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires co animo...

0
— Destaca que “as relacións coas autoridades locais e nacionais aquí na Arxentina son fundamentais” para seguir obtendo máis seguridade e facilidades para seguir...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Fabiola García visita a Casa da Muller de Ponteceso na que a Xunta inviste...

0
A conselleira de Política Social e Igualdade destaca os 15 anos de traxectoria da Fundación Eduardo Pondal, a entidade que desenvolve estes programas A conselleira...

Lorenzana aborda co alcalde de Oroso, Álex Doval, as necesidades do parque empresarial de...

0
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde do Oroso, Álex Doval, con quen abordou as necesidades...

Román Rodríguez, gaba o esforzo do profesorado que este curso participa en máis de...

0
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP inaugura os primeiros obradoiros de Mellora da Competencia Comunicativa na aula O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades...

Publicacións Relacionadas