A Xunta presenta os proxectos de innovación do Centro Integrado de FP Carlos Oroza a centros de Mallorca e do País Vasco

Redacción

A directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, participa na xornada aberta centrada na alimentación saudable

A directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, participou esta mañá na xornada aberta organizada polo Centro Integrado de FP Carlos Oroza, na que presentou os principais eixes do seu modelo de innovación educativa ante representantes doutros centros de Formación Profesional de Palma de Mallorca e do País Vasco.

No encontro deuse a coñecer o proxecto Snacks FP: bocados responsables, coordinado polo Centro Integrado de FP Carlos Oroza en colaboración co Centro Integrado de FP Gamarra, de Vitoria-Gasteiz, e o Centro Integrado de FP Juníper Serra, de Mallorca. A iniciativa promove o deseño e prototipado de snacks saudables, nutritivos e sostible.

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destacou “proxectos como este amosan o enorme potencial da Formación Profesional galega para conectar innovación, sustentabilidade e aprendizaxe práctica ao servizo da sociedade”. A directora xeral recordou que a Xunta vén de aprobar o Plan Innova FP Galicia 2026-2030 cun investimento de case 30 millóns de euros para impulsar a innovación e a investigación aplicada nestas ensinanzas e aliñalas cos obxectivos estratéxicos da I+G+i galega.

Comparte este artigo