Home Xunta de Galicia A Xunta prevé o pago de máis de 15M€ aos colexios de...

A Xunta prevé o pago de máis de 15M€ aos colexios de avogados e procuradores pola quenda de oficio ata setembro deste ano

- Anuncio -

― O Diario Oficial de Galicia publica as ordes para o cuarto trimestre de 2024 e os tres primeiros de 2025 para compensar a estes profesionais polo servizo da asistencia xurídica gratuíta


― Estes acordos están vixentes ata este ano e a Xunta xa está a traballar cos colexios na seguinte renovación


― Aboaranse novos conceptos conforme o acordo entre o Goberno galego e o Consello da Avogacía Galega asinado en novembro con efectos retroactivos

O Diario Oficial de Galicia publicou o martes 31 de decembro as contías fixadas para o cuarto trimestre de 2024 e os tres primeiros trimestres de 2025 para compensar os colexios da avogacía e da procuradoría de Galicia polas actuacións dos seus colexiados na quenda de oficio. A cantidade que se prevé pagar neste período é de máis de 15 millóns de euros, dos que máis de 14 millóns corresponden aos colexios da avogacía e máis de 1 millón ao da procuradoría, o cal implica un incremento superior ao 8,6% con respecto a 2024.

O investimento da Xunta neste servizo de asistencia xurídica gratuíta supera os 188 millóns de euros desde 2009: case 173 millóns no caso do pago aos profesionais da avogacía e os 15 millóns restantes para os da procuradoría. Neste período a porcentaxe de aumento de gasto anual foi dun 28,5%, cunha media de case 13 millóns de euros nos últimos dous anos. O importe xa aboado con cargo os orzamentos de 2024 ascendeu a 12,7 millóns de euros no cuarto trimestre de 2023 e os primeiros trimestres do pasado exercicio.

Cómpre lembrar que o Goberno galego acordou en 2021 con ambos os colectivos profesionais a renovación dos acordos acadados en 2017 para establecer o baremo e as bases de compensación económica de asistencia xurídica gratuíta destes profesionais e que supón un aumento de media de máis dun 15% ata 2025.

Nos primeiros postos en compensacións
Os baremos actualmente vixentes situaron Galicia entre os primeiros postos de España no referente ás compensacións aos profesionais da quenda de oficio. De feito, a suba media do 15% é bastante maior nos procesos de medidas en materia de familia, nos casos de protección de violencia de xénero, menores vítimas de delitos ou nos procedementos de apoio a persoas con discapacidade.

A Administración autonómica vén introducindo nos últimos anos melloras na xestión deste servizo, que considera fundamental para garantir a igualdade de condicións de toda a cidadanía no acceso á Xustiza. Grazas ás medidas que se foron tomando, Galicia é unha comunidade que paga pronto e puntualmente as certificacións remitidas polos colexios profesionais de avogados e procuradores.

Ademais, a Xunta segue traballando cos colexios profesionais para seguir actualizando as cantidades que perciben os profesionais da avogacía pola asistencia xurídica gratuíta e renovar o acordo actual.

Os avogados de oficio solicitan na folga actual ao Goberno central a reforma da Lei de Asistencia Xurídica para incluír o pago de conceptos que non contempla a norma. Galicia xa se anticipou á reforma e realiza as retribucións mediante convenio pese a non ser a súa competencia, sen prexuízo de que na negociación actual se estean a abordar novos conceptos.

Relacionadas

A Xunta activa a alerta laranxa por chuvias no oeste da Coruña

0
― Cómpre lembrar que se mantén desde esta tarde o nivel de aviso laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e en Pontevedra ―...

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día...

0
O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro O...

O Servizo Galego de Saúde destina máis de 3,7 M€ a realizar máis de...

0
 Fabricáronse 1.500 doses de radiofármacos extra e fixéronse 4.100 informes adicionais das unidades móbiles de resonancias magnéticas  A sanidade pública dispón así de...

A Xunta licita por 3,3 M€ as obras de renovación do firme en 5...

0
Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas PO-226, PO-303, PO-307, PO-308 e PO-550, que discorren polos concellos de Cuntis, Moraña, Barro, Poio, Sanxenxo,...

A Xunta autoriza 114 prazas para novos profesores axudantes doutores en todas as ramas...

0
Por áreas, 52 prazas son para Ciencias Sociais e Xurídicas, 25 para Enxeñaría e Arquitectura, 19 para Ciencias da Saúde, 9 para Artes e...

Un total de 36 centros educativos intercambian boas prácticas docentes na fase autonómica do...

0
A Xunta impulsa desde hai dez cursos esta iniciativa baseada na observación do traballo na aula que permite as docentes coñecer outras realidades e...

Publicacións Relacionadas