Home Pontevedra Baixo Miño A Xunta promove o coñecemento do patrimonio arqueolóxico e cultural do Camiño...

A Xunta promove o coñecemento do patrimonio arqueolóxico e cultural do Camiño Portugués nun campo de voluntariado en Oia

- Anuncio -

A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visitou hoxe o campo de voluntariado O Camiño portugués pola costa, que se está a celebrar no municipio pontevedrés de Oia, e co que o Goberno galego está a promover, entre a mocidade de 18 a 30 anos, o patrimonio etnográfico, arqueolóxico e cultural arredor desta vía xacobea.

A representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salientou que a franxa litoral deste municipio pontevedrés se ten convertido nun camiño natural desde a prehistoria, “ateigada de vestixios expresados en forma de arte rupestre, castros, asentamentos romanos, igrexas, mosteiros ou fachos”. Por este motivo, puxo en valor a importancia das actividades que se están a desenvolver neste campo de voluntariado ao redor do patrimonio do Camiño portugués pola costa, “vía que se está consolidando como unha das rutas xacobeas que máis medra”, enxalzou.

Relacionadas

A Xunta reafirma o impulso da economía social como motor socioeconómico, destacando as 230...

0
José González pon en valor a aposta estratéxica do Goberno galego por fortalecer e impulsar a economía social como un motor de crecemento sustentable,...

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

A Escola da Auga da Xunta comeza a funcionar co reto de impulsar a...

0
Ángeles Vázquez explica que a iniciativa está aberta tanto a técnicos e funcionarios municipais como a persoal de empresas privadas, que poderán acceder a...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

Publicacións Relacionadas