O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, mantivo hoxe un encontro en Ourense co alcalde de Cortegada, Avelino de Francisco. Na xuntanza, os representantes autonómicos reafirmaron o apoio da Xunta á Feira de Artesanía de Cortegada, que celebrará o ano vindeiro a súa edición número 15.
En concreto, o compromiso co evento vénse materializando no marco das axudas do Goberno galego para o fomento da comercialización da artesanía, que financian a organización de feiras deste tipo desde concellos ou asociacións de artesáns, ademais de apoiar a asistencia dos obradoiros artesáns a feiras de todo o mundo.