HomeXunta de GaliciaA Xunta reafirma o seu compromiso coas persoas xitanas xitanas en Galicia...

A Xunta reafirma o seu compromiso coas persoas xitanas xitanas en Galicia na conmemoración dos 600 anos de chegada deste pobo á Península Ibérica

- Anuncio -spot_img

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, participaron na celebración desta efeméride xunto coa Fundación Secretariado Xitano

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, xunto co director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participaron hoxe na conmemoración dos 600 anos da chegada do pobo xitano á Península Ibérica, onde reafirmaron o compromiso da Xunta coas persoas xitanas en Galicia.

No evento, organizado pola Fundación Secretariado Xitano, Diego Calvo salientou o labor desenvolvido polas entidades que traballan para axudar as persoas xitanas “a facer realidade os seus soños, a formarse e a asesorarse”. Nesta liña, incidiu na importancia do apoio institucional do Goberno galego a este cometido que, no caso da Fundación Secretariado Xitano, se materializou a través dun investimento superior aos tres millóns de euros desde 2009.

O conselleiro salientou tamén á Estratexia de inclusión da poboación xitana en Galicia para o período 2025-2030, coa que se aposta por unha maior integración en áreas clave como a educación, a saúde, a vivenda ou o emprego, e que incorpora achegas de entidades locais e de iniciativa social que traballan neste ámbito, así como de persoas xitanas. “O obxectivo é seguir traballando para facer do mundo un lugar mellor para vivir e seguir demostrando que somos unha comunidade integrada e consciente dos dereitos de todos e todas”, engadiu.

Publicacións Relacionadas