HomeXunta de GaliciaA Xunta felicita a Lucas Yánez e Unai Cereijo polos seus éxitos...

A Xunta felicita a Lucas Yánez e Unai Cereijo polos seus éxitos na Copa do Mundo de Patinaxe Artística na localidade italinana de Trieste

- Anuncio -spot_img

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu a ambos patinadores, aos que tamén desexou sorte na final da Copa do Mundo desta semana en Reggio Emilia (Italia) ou nos Campionatos Mundiais que se celebrarán en Pequín en outubro

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu hoxe aos patinadores galegos Lucas Yáñez e Unai Cereijo polas súas medallas nas series da Copa do Mundo celebradas o pasado maio na localidade italiana de Trieste, no marco do circuíto de probas internacionais de patinaxe artístico. Lucas Yáñez acadou medalla de bronce na categoría absoluta e Unai Cereijo prata na categoría júnior.

Diego Calvo trasladoulles que son “un orgullo para Galicia” como referentes neste deporte como así o avalan os seus éxitos levando a patinaxe galega ao máis alto. No caso de Lucas Yáñez felicitouno polos triunfos acadados nas categorías inferiores ata dar o salto á absoluta e de Unai Cereijo resaltou que, precisamente, segue os pasos do seu compañeiro desde a categoría júnior.

O conselleiro animounos a seguir sumando fitos para o deporte galego e desexoulles ánimo e sorte de cara as próximas competicións como a final da Copa do Mundo que se está a celebrar en Reggio Emilia (Italia), así como os Campionatos Mundiais de Patinaxe Artístico previstos para outubro na capital chinesa.

Publicacións Relacionadas