A Xunta realiza a primeira xornada de probas de sireas de aviso á poboación das presas de Galicia

adminON
Lectura mínima de 3

Fanse co obxectivo de garantir a operatividade e non afectan á actividade diaria da veciñanza, pero nalgunhas zonas serán audibles 

A Xunta comeza hoxe coas probas de activación das sirenas de aviso á poboación adscritas ás presas con Plan de Emerxencia. Trátase de probas que non afectan á actividade diaria dos veciños, pero que nalgunhas zonas serán audibles. Con esta revisión preténdese garantir a súa operatividade e que a poboación das zonas augas abaixo recoñeza o son de aviso de evacuación. Na xornada de hoxe actívanse as sirenas de 24 das 39 presas previstas, así como as adscritas ao depósito de lodos vermellos en Xove. Mañá continuarase coas 15 restantes.

O exercicio estase a levar a cabo coa colaboración dos titulares das infraestruturas, isto é, Alúmina, Emalcsa, Endesa, Iberdrola, PHG, Naturgy, Xeal e Augas de Galicia.

En Galicia actualmente hai 46 plans de emerxencia de presa aprobados. Os obxectivos que se perseguen con este tipo de plans é ter definidas as estratexias para facer fronte a situacións que comporten risco de rotura ou avaría grave, coñecer as zonas que quedarían anegadas en caso de rotura, e ter previstos os sistemas de aviso tanto á poboación como aos organismos xestores de emerxencias. Así, búscase estar o mellor preparados posible para situacións que comporten riscos nestas instalacións e, deste xeito, garantir a seguridade da cidadanía da contorna.

Aposta pola prevención

A Xunta subliña a importancia que teñen este tipo de exercicios na mellora da coordinación efectiva entre as administracións e as empresas, así como para garantir a seguridade na zona e manter á poboación preparada para o caso de materializarse a situación de emerxencia.

*Xúntase cronograma das probas de mañá, mércores 26 de xuño.

NATURGY

DATA HORA INICIO PRESA CONCELLOS 1/2 HORA
26/06/2024 9:00 VILAGUDÍN Tordoia
26/06/2024 9:30 SAN COSMADE OU VILASENÍN Cerceda, Ordes
26/06/2024 11:00 PORTODEMOUROS Vila de Cruces, Arzúa
26/06/2024 11:30 BRANDARIZ Touro, Vila de Cruces
26/06/2024 9:00 SALAS Muíños, Lobios
26/06/2024 9:30 AS CONCHAS Muíños, Lobios, Entrimo
26/06/2024 13:00 VELLE Ourense

ENDESA

DATA HORA INICIO PRESA CONCELLOS ½ hora
26/06/24 10:30 RIBEIRA As Pontes de García Rodríguez
26/06/24 11:00 EUME Pontedeume, Ares, Cabanas, Fene

XEAL

DATA HORA INICIO PEP CONCELLOS ½ hora
26/06/2024 10:00 FERVENZA Dumbría, Mazaricos
26/06/2024 11:40 SANTA UXIA Carnota, Dumbría, Mazaricos

EMALCSA

DATA HORA INICIO PEP CONCELLOS ½ hora
26/06/24 10:00 CECEBRE Cambre, Culleredo

PHG

DATA HORA INICIO PEP CONCELLOS ½ hora
26/06/24 10:00 TOURO Vila de Cruces, Touro, Silleda

AUGAS DE GALICIA

DATA HORA INICIO PEP CONCELLOS ½ hora
26/06/2024 10:30 BAÍÑA Baiona
26/06/2024 11:30 EIRAS Soutomaior, Ponte Caldelas, Pontevedra
Comparte este artigo