Free Porn
xbporn
Home O Carballiño Maside A Xunta realiza un simulacro de activación do Plan de Emerexencia Exterior...

A Xunta realiza un simulacro de activación do Plan de Emerexencia Exterior de CEPSA en Maside

- Anuncio -
  • O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na coordinación do exercicio para comprobar a eficiencia do operativo ante unha emerxencia real
  • Durante o exercicio soou a sirena que avisa á poboación en caso de activación do Plan de Emerxencia Exterior e simulouse un accidente de categoría 2 provocado por unha fuga de propano con dúas persoas feridas
  • O Goberno galego aposta pola prevención nas instalacións industriais con este tipo de exercicios que permiten minimizar os riscos ante unha posible incidencia

A Xunta realizou esta mañá un novo exercicio de adestramento cun simulacro de emerxencia para comprobar a coordinación durante a activación do Plan de Emerxencia Exterior (PEE) de Gasib Sociedade Ibérica de Gas Licuado S.L.U. no concello ourensán de Maside.

Contou coa participación do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, como director do PEE que, unha vez recibida a información do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia e se decide a activación do plan e o disparo de sirenas de aviso á poboación asume a dirección das operacións e accións a realizar. Tamén asistiu o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo.

Este simulacro, que aparece contemplado dentro do PEE, consistiu na activación do plan por un accidente de categoría 2 producido por unha fuga en tubería fase líquida (FL) 6” de bomba de caudal, brida conexión entrada de líquido en bomba, charco de gas propano con formación de xeo e fuga con goteo continuada. Pese a non deflagrar e non incendiar, ao non cesar pola presión da liña e darse risco de deflagración foi preciso refrixerar para controlar e vaporizar o charco de gas, así como pechar válvulas das liñas FL13 e FL14 para reducir presións e que purgase a fuga.

Por mor desta situación, resultaron feridos dous operarios e, ademais, a sobrepresión no interior da planta e a radiación térmica afectaron ás vivendas anexas á planta.

Unha vez avisada á poboación coas sereas constitúense os centros de mando e control para coordinar a intervención -o Centro de Coordinación Operativa (CECOP), o SACOP e o Posto de Mando Avanzado (PMA)- coa correspondente mobilización dos efectivos, o perímetro de seguridade da zona ou o control de tráfico.

De feito, o director xeral de Emerxencias encargase de dirixir o CECOP constituíndose o comité asesor do que forman parte entre outros o subdirector de Planificación e Protección Civil, José Antonio Grandas, o alcalde de Maside e representantes da industria. A dirección do PMA foi asumida polo xerente da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), Marcos Araújo.

Entre os efectivos desprazados destacan os bombeiros do parque de O Carballiño-Ribeiro, integrantes do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Ribadavia e do servizo de emerxencias de Ourense, así como axentes de forzas e corpos de seguridade -Garda Civil e Policía Autonómica- , persoas voluntarias da agrupación de Protección Civil de Maside e o Grupo de Apoio Loxístico e Intervención (GALI) da Axega.

Para a atención sanitaria mobilizouse ao servizo territorial de Sanidade en Ourense, ao 061 e ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE). No seguimento da intervención participaron responsables da empresa Gasib Sociedade Ibérica de Gas Licuado S.L.U, xunto con representantes do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) e de departamentos da Xunta relacionados coas áreas de economía e industria, medio ambiente e sanidade.

A realización deste exercicio permite mellorar a coordinación dos organismos participantes e que a poboación da zona de Maside afectada por un suposto accidente, se familiarice co son da sirnea e sexa capaz de identificalo no caso de activación do Plan de Emerxencia Exterior.

Política de prevención

A Xunta aposta pola prevención como mellor ferramenta de resposta ante as posibles emerxencias, liña na que se enmarcan os Plans de Emerxencia Exterior elaborados polo Goberno galego.

O obxectivo dun PEE é determinar os posibles riscos das instalacións industriais e ter preparada a resposta axeitada para minimizar as consecuencias en caso de producirse un accidente que poida afectar as persoas e ao medio ambiente, establecéndose as medidas de protección necesarias coa mobilización dos recursos humanos precisos na intervención. 

A realización dos simulacros, permite a efectiva implantación dos plans e a súa mellora a través das experiencias obtidas no seu desenvolvemento.​

Relacionadas

A Xunta impulsa melloras en 145 establecementos turísticos cun investimento de 3,5M€

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas de 3,5M€ que sufragan as actuacións de accesibilidade, dixitalización ou modernización...

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

A Xunta pon en valor o labor dos centros comerciais abertos e federacións de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou na inauguración da IV...

A Xunta avanza nos nos traballos para construir o Comité de Expertos que estudará...

0
As Consellerías de Medio Ambiente e Cambio Climático e do Mar están a deseñar a composición dese grupo e as liñas de actuación para...

A Xunta enxalza os emigrantes como os mellores embaixadores de Galicia no Mundo

0
Coincidindo co Día de Galicia, José González asistirá ao acto do 45º aniversario do Centro Galicia de Bos Aires, unha entidade que conta con...

Publicacións Relacionadas