Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia A Xunta recoñece o traballo decentros de Abegondo, Santiego, Poio e Vigo...

A Xunta recoñece o traballo decentros de Abegondo, Santiego, Poio e Vigo en prol da igualdade co selo Biblioteca Escolar Solidaria 

- Anuncio -

— A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández entrega o recoñecemento ao Colexio CEIP Plurilingüe Seis do Nadal, de Vigo

— Tamén se premian as experiencias de voluntariado de lectura de 10 centros de Carballo, Muros, Outes, Sober, O Irixo, Bueu, A Estrada, Ponteareas e Vilagarcía

— A Consellería de Educación convoca o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares e os Clubs de Lectura para o vindeiro curso

 A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou hoxe o Colexio Plurilingüe Seis do Nadal (Vigo) para facerlle entrega do Selo Biblioteca Escolar Solidaria, un galardón concedido pola Xunta para recoñecer a centros cuxas bibliotecas traballan de forma salientable a igualdade de oportunidades e fomentan o voluntariado cultural e social entre os seus integrantes.
Ademais do da cidade da oliveira, obteñen este recoñecemento os colexios CEIP Plurilingüe San Marcos (Abegondo), CEIP Plurilingüe de Chancelas (Poio) e CEIP Plurilingüe Frián-Teis (Vigo), así como o Centro Integrado de FP Compostela (Santiago). Os cinco realizaron unha planificación da biblioteca solidaria sobre problemas reais que afectan á comunidade educativa, e que se poidan orientar arredor dos obxectivos da Axenda 2030 da ONU para o Desenvolvemento Sustentable.
Cada un deles recibirá unha asignación de 1.500€, que deberá destinarse a actividades da biblioteca escolar no ámbito da atención da diversidade para facilitar avances na configuración dunha biblioteca inclusiva ou en relacións aos obxectivo da Axenda 2030 e con implicación das familias.
Voluntariado de lectura
Por outra banda, ao abeiro desta convocatoria recoñecéronse outras 10 experiencias na modalidade de Voluntariado na biblioteca escolar entre as bibliotecas dos centros de Educación Primaria, desenvolvido en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Trátase dos colexios CEIP Bergantiños (Carballo), CEIP Plurilingüe de Louro (Muros), CEIP Plurilingüe de Outes (Outes), CEIP Plurilingüe Virxe do Carme (Sober), CEIP Virxe da Pena da Sela (O Irixo), CEIP Plurilingüe Montemogos (Bueu), CEIP do Foxo (A Estrada), CEIP Fermín Bouza Brey (Ponteareas), CEIP A Lomba (Vilagarcía de Arousa) e CEIP O Piñeiriño (Vilagarcía de Arousa).
Neste caso os centros recoñecidos recibirán unha asignación de 600€ para o desenvolvemento dun obradoiro especializado sobre lectura expresiva, narración oral, escrita creativa, a radio como medio de comunicación, a elaboración de booktrailers (pezas audiovisuais de presentación dun libro), os xogos cooperativos ou a música e danza tradicionais.

O obxectivo destes recoñecementos é estimular o voluntariado cultural en relación coa lectura entre o alumnado de 5º e 6º de Primaria, a través de actividades como as lecturas compartidas dentro e fóra do centro (na vila, con outros centros, coa biblioteca pública ou outras institucións do concello, por exemplo), así como as accións de acompañamento na lectura a outros compañeiros do propio colexio, denominados como apadriñamentos e amadriñamentos lectores.

Incremento da participación
O número de centros que participan no programa de Bibliotecas Escolares Solidarias incrementouse de xeito significativo este curso e son 89 os centros que o desenvolven na modalidade de voluntariado escolar para 5º e 6º de Primaria, un 20% máis ca no 2022/23. Nesta categoría o alumnado forma parte do equipo de colaboradores que, xunto co profesorado, contribúen ao bo funcionamento biblioteca e ao desenvolvemento das súas iniciativas, organizando ademais lecturas compartidas dentro ou fóra do centro, con persoas maiores, entre outros.

Na modalidade de Secundaria e outras ensinanzas hai 132 centros integrados no programa, un 15% máis ca no curso anterior. A súa participación materialízase en actividades de colaboración relacionadas coa biblioteca escolar ou a través de actividades de lectura compartida ou de traballo coa información, organizadas pola biblioteca, dentro ou fóra do centro.

Novas convocatorias
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP vén de publicar tamén as convocatorias do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) e dos Clubs de Lectura para o vindeiro curso.
No caso do PLAMBE, poderanse incorporar 25 centros novos a este programa, que este curso chega aos 842 centros educativos de toda Galicia. O orzamento total da convocatoria, que contempla tanto os colexios e institutos de nova incorporación como os que continúan participando na iniciativa, é de 1,5M€. Ademais da achega económica, os centros incluídos neste programa poderán recibir formación específica, así como asesoramento a través da asesoría de bibliotecas escolares da Consellería.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 18 de xullo e, como é habitual, a convocatoria incide na adquisición de fondos nas librarías de proximidade e dá prioridade aos centros do rural, de tal forma que, en igualdade de puntuación, terán preferencia os situados en concellos de menor poboación.
Por outra banda, o departamento educativo da Xunta pretende superar os 450 centros no programa de Clubs de Lectura o vindeiro curso. Como novidade, este curso haberá unha modalidade de nova incorporación e outra de continuidade, aínda que os centros que xa participaron noutros cursos non terán que achegar un novo proxecto para este ano. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 4 de outubro.

Poderán participar os centros que inclúan un club de lectura na programación de actividades da biblioteca escolar en tempos de lecer ou horario extraescolar. A dotación total do programa ascende a 400.000€ e con estas axudas os centros poderán adquirir libros para as actividades do club.

Relacionadas

A Xunta pon en valor a excelente execución dos fondos de formación para o...

0
O Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou esta tarde por videoconferencia na Conferencia Sectorial de Formación Profesional para persoas traballadorasGalicia é...

José González destaca o papel da Fundación Laboral da construción na formación e impulso...

0
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou a sede galega desta entidade, onde remarcou a aposta da Xunta polas microformacións para atender ás...

A Xunta pon en valor a aportación de empresas Altia para que Galicia aumente...

0
— A galega é a comunidade española con maior redución das emisións desde 1990 e a que ten maior capacidade de absorción de dióxido...

Rueda salienta a importancia da cultura para mostrar a identidade das cidades

0
O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, salientou hoxe a importancia da cultura á hora de mostrar a identidade das cidades e de facela...

A Comisión Coruña Marítima acorda convocar un concurso internacional para elaborar o deseño que...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou en representación da Xunta na primeira reunión do órgano que dirixirá o futuro dos...

A Xunta contribúe a reforzar Ferrol como destino urbano co primeiro Festival Internacional de...

0
Celebrarase desde este xoves 18 de xullo ata o sábado 20 en varios puntos da cidadeXosé Merelles salienta que a cidade recibe cada vez...

Publicacións Relacionadas