Home Xunta de Galicia A Xunta reedita en 2024 os programas mentoring Traballo Autónomo e Galicia...

A Xunta reedita en 2024 os programas mentoring Traballo Autónomo e Galicia Camiño Emprendedor para impulsar a consolidación de empresas e negocios

- Anuncio -

― A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe en Ourense na presentación das novas edicións destas iniciativas autonómicas


― Mentoring Traballo Autónomo volverá a contar con 200 prazas e abrirá o prazo de inscricións o vindeiro mes de marzo


― O prazo de solicitude para anotarse a Galicia Camiño Emprendedor comezará o vindeiro luns 12 de febreiro


― As dúas iniciativas teñen en común a metodoloxía que empregan: o mentoring, unha fórmula para desenvolver o potencial das persoas participantes e para xerar un mercado laboral máis forte

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acompañada do secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou hoxe en Ourense na presentación das novas edicións dos programas Mentoring Traballo Autónomo e Galicia Camiño Emprendedor cos que a Xunta busca, entre outros, impulsar a consolidación de empresas e negocios.
A primeira das iniciativas desenvólvese en colaboración coa Fundación Ronsel desde o ano 2020 para reducir os riscos na actividade profesional das persoas traballadoras autónomas, acompañalas na adaptación ou transformación dos seus negocios ás necesidades de mercado e á situación actual, e contribuír, mediante melloras nas áreas de xestión e outras, ao incremento dos seus contactos profesionais e da súa actividade económica, así como das condicións de traballo asociadas para acadar un maior benestar laboral.
A edición 2023 da iniciativa acaba de rematar coa participaron de 214 autónomos: principalmente mulleres (70%) con estudos universitarios ou de mestrado e dun tramo de idade comprendido entre os 30 aos 49 anos.
O prazo de inscrición para optar a unha das 200 prazas do programa en 2024 abrirase o vindeiro mes de marzo ata esgotar a oferta.
Poderán participar, estando de alta como autónomos, os traballadores que leven como mínimo 42 meses de actividade económica e teñan o seu domicilio fiscal en Galicia. Terán prioridade aquelas persoas traballadoras autónomas que teñan persoal contratado ao seu cargo.

“Na Xunta pensamos que este programa está a axudar ás persoas traballadoras autónomas porque lles garante un acompañamento no proceso de consolidación dos seus negocios, permitíndolles incrementar os seus contactos profesionais, así como a súa actividade económica”, indicou Rivo.
Galicia Camiño Emprendedor
Pola súa banda, Galicia Camiño Emprendedor realízase tamén en colaboración coa Fundación Ronsel e, ademais, coa Axencia Turismo de Galicia. Con esta acción, búscase facilitar a xeración de contactos profesionais entre os participantes e promocionar Galicia e o Camiño de Santiago como destino de ocio e actividade económica.
O prazo de solicitude abrirase o vindeiro luns 12 de febreiro na páxina web da Oficina do Autónomo, no apartado de programas, programa Galicia Camiño Empendedor – 2024. https://oficinadoautonomo.gal/es.
Rivo puxo en valor a metodoloxía empregada nos dous programas, que se basea na relación de confianza entre o titor e a persoa acompañada. En palabras de Rivo, é unha fórmula que se defende desde a Xunta para desenvolver o potencial das persoas participantes e para xerar un mercado laboral máis forte.
“Traballamos por unha Galicia con máis e mellores oportunidades laborais e, por iso, deseñamos políticas activas de emprego transversais: para os autónomos e emprendedores, pero tamén para as pequenas e medianas empresas e para a economía social”, rematou.

Relacionadas

A Xunta apoia a contratación de 15 novos doutorandos para que poidan desenvolver a súa tese en...

0
― A Consellería de Ciencia inviste case preto de 2 millóns de euros na cuarta edición deste programa, que suma xa máis de 61...

Xunta e Concello de Ribeira destacan a calidade dos produtos frescos de proximidade

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, o rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Franciso Suárez, a concelleira de Promoción...

A Xunta impulsa o establecemento de sinerxías entre otalento universitario e o ecosistema emprendedor galego no marco da Rede...

0
— O Executivo galego promove a conexión entre empresas emerxentes galegas, asesoradas no marco da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego,...

O 061 de Galicia reitera a importaancia de extremar as precaucións nos desprazamentos por...

0
 No Nadal do ano pasado Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 319 chamadas por accidentes de tráfico, que xeraron 252 asistencias e a atención...

O Diario Oficial publica hoxe as novas inclusións e actualizacións de méritos nas bolsas...

0
Trátase da relación refundida e actualizada das persoas integrantes das listas correspondentes ás subescalas de Secretaría-intervención, Secretaría e Intervención-tesourería O Diario Oficial de Galicia publica...

Máis de 5.000 persoas benefícianse das axudas da Xunta para mercar bicicletas eléctricas de...

0
— O Goberno galego destinou 2,7 millóns de euros ao programa EBici desde o seu comezo en 2022 ata o pasado novembro, data na...

Publicacións Relacionadas