A Xunta sitúa a conciliación como piar fundamental e imprescindible das políticas de igualdade

Redacción

Eloína Ingerto destacou que o Goberno galego destina máis de 11.000 euros a financiar esta iniciativa que se desenvolve no rural

A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína ingerto, visitou esta mañá os nenos e nenas que participan no campamento Ludoconcilia da Federación de Mulleres Rurais de Pontevedra (Femupo), financiado pola Xunta. Neste sentido, destacou que para o Goberno galego a conciliación é un piar fundamental e imprescindible para avanzar en igualdade de xénero.

Eloína Ingerto explicou que a Xunta destina a esta iniciativa máis de 11.000 euros a través do Plan Corresponsables, financiado tamén polo Ministerio de Igualdade, na liña de axudas a entidades sociais. En concreto, este campamento desenvólvese na escola de natureza A Gorriona, na que os nenos e nenas poden participar en numerosas actividades integradoras ao aire libre e  nunha contorna que facilita a súa interacción co medio.

Neste sentido, puxo en valor o papel deste campamento que ofrece unha alternativa real de conciliación para moitas familias da contorna, especialmente nunha zona rural. Con respecto a isto, a directora xeral sinalou a importancia de dotar as zonas máis dispersas e despoboadas de espazos que faciliten a vida familiar e laboral de moitas familias. Por iso, destacou a aposta do Goberno galego a través da creación de recursos específicos para estas zonas como son as casas niño ou as casas do maior, que ademais de ser un servizo de atención.

Comparte este artigo