Home Xunta de Galicia A Xunta subliña que o proxecto de recuperación de soutos e castiñeiros...

A Xunta subliña que o proxecto de recuperación de soutos e castiñeiros de Nogueira de Ramuín axudará a maner o sistema agroforestal do interior de Galicia

- Anuncio -

O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na presentación do proxecto Transformación bioeconómica forestal en Nogueira de Ramuín mediante a recuperación do bosque avellentado para o seu axeitado aproveitamento

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, subliñou hoxe que o proxecto de recuperación de soutos e castiñeiros do concello de Nogueira de Ramuín axudará a manter o sistema agroforestal do interior de Galicia.

Aboal participou na presentación do proxecto Transformación bioeconómica forestal en Nogueira de Ramuín mediante a recuperación do bosque avellentado para o seu axeitado aproveitamento, onde destacou a dilatada experiencia do Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán na caracterización molecular de variedades de castiñeiro e que agora participará nesta iniciativa que identificará as variedades de castaña que existen e determinará cales son as máis axeitadas para a súa recuperación e aproveitamento.

Durante a súa intervención, o director apuntou ademais que o proxecto axudará a conservar o patrimonio natural e poñelo a disposición da cidadanía; rescatar o patrimonio xenético dos soutos e castiñeiros; e garantir que as futuras plantacións sexan resistentes e sustentables.

Finalmente, Jacobo Aboal sinalou que os resultados contribuirán a un uso sustentable dos recursos xenéticos forestais, o desenvolvemento económico de Nogueira de Ramuín e da súa área, e un maior emprego verde.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

A Xunta leva en setembro de 2025 a Lugo Love of Lesbian, Carolina Durante...

0
O director de Turismo de Galicia e o delegado da Xunta en Lugo participaron hoxe na presentación do cartel dos concertos que se celebrarán...

Publicacións Relacionadas