Home Xunta de Galicia Rueda destaca o labor dos empresarios xoves polo crecemento económico de Galicia

Rueda destaca o labor dos empresarios xoves polo crecemento económico de Galicia

- Anuncio -

― Manifesta a súa confianza polo futuro económico de Galicia


― Eloxia á mocidade que se animan a emprender na comunidade


― Mostra o compromiso da Xunta de apoiar as iniciativas que creen emprego

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, destacou hoxe o traballo dos emprendedores e empresarios xoves, que co seu labor contribúen ao crecemento económico de Galicia.

Fíxoo durante a XIII edición dos Premios Xove Empresario e Iniciativa de Galicia, nos que tres xoves emprendedores foron galardoados pola súa contribución na creación de emprego, polo proxecto innovador e por destacar en Responsabilidade Social Empresarial. Na gala, Alfonso Rueda manifestou a súa confianza polo futuro económico da comunidade, froito do que asegura que é un gran relevo xeracional.

Nesta liña, eloxiou aos galardoados e a toda a xente nova que se anima a emprender e a crear a súa propia empresa en Galicia. Para Rueda, é moi de encomiar a ilusión dos que se lanzan pola súa conta neste contexto de incerteza financeira.

O presidente do Goberno galego tamén quixo mostrar o compromiso do seu Executivo para apoiar toda iniciativa privada que cree emprego e busque o ben común dos cidadáns. Neste sentido, recordou que a Xunta de Galicia é a Administración autonómica que realizou un maior esforzo de investimento en políticas activas de emprego nos dous primeiros meses de 2024, con máis de 205 millóns de euros mobilizados.

Ademais, salientou as axudas do Goberno galego á area de emprendemento a través da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego, que ten como obxectivo sumar un total de 15 Polos distribuídos por toda a xeografía galega.

Antes de rematar a súa intervención, Alfonso Rueda deu o parabén aos galardoados e animoulles a que o recoñecemento que recibían hoxe fose un aliciente para seguir traballando con ilusión por cumprir os seus soños, á vez que seguen sendo un referente para o crecemento social e económico de Galicia.

Relacionadas

O prazo de presentación de solicitudes das axudas de Medio Rural para as Asociacións...

0
― O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, puxo hoxe en valor estas achegas, dotadas cun orzamento de 2,28 millóns...

A Xunta reforza o apoio aos concellos con máis de 5,6 M€ para a...

0
A conselleira destacou que o investimento para sufragar os custos de persoal dos CIMS aumenta este ano un 12% con respecto ao 2024Fabiola García...

Rueda recibe a usuarios do Centro Juan María, referente no eido da inclusión das...

0
Membros da asociación fixéronlle entrega ao presidente do cadro que adquiriu na celebración do 40 aniversario do centro O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu...

A Xunta destaca a inclusión de Portugal nas etapas de ‘O Gran Camiño’ para...

0
— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asistiu hoxe á presentación da cuarta edición da proba, que atravesará as catro provincias galegas do...

Un total de 147 asociacións de nais e pais que xestionan comedores escolares acceden ás axudas...

0
— O Goberno galego reforzou nos últimos anos esta liña, o que fai que estas asociacións reciban hoxe case o tripo do importe que...

A Xunta convoca a batería máis de medidas para apoiar aos autónomos a...

0
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a primeira convocatoria unificada para autónomos co gallo de axilizar a tramitación de achegas e avanzar...

Publicacións Relacionadas