Home Lugo A Xunta ultima a licitación das obras daa intermodal de Lugo coa...

A Xunta ultima a licitación das obras daa intermodal de Lugo coa previsión de comezaar os traballos este verán

- Anuncio -
  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañou ao ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, na visita ás obras, e reivindicou ao Goberno central que non exclúa a cidade da alta velocidade
  • O Goberno galego destina máis de 13 millóns de euros á construción da nova infraestrutura e á creación dun aparcamento subterráneo, no marco do convenio con Adif e o Concello

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reclamou hoxe en Lugo un reforzo dos servizos ferroviarios estatais na cidade para que se incorpore ao mapa da alta velocidade que lle dea sentido á nova estación intermodal que se está a construír e que hoxe visitou xunto co ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente.  

O conselleiro de Presidencia, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, lembrou que as obras da estación de autobuses intermodal enmárcanse nun convenio asinado o ano pasado entre a Xunta, Adif e o Concello de Lugo por máis de 49 millóns de euros. O investimento do Goberno galego supera os 13 millóns para a construción da nova estación e dun aparcamento subterráneo con 240 prazas, que responden a unha necesidade da estación de ferrocarril e da propia cidade.

Durante a visita, anunciou que a licitación das obras da terminal se atopan na última fase, polo que a Xunta prevé asinar en breve os contratos co obxectivo de comezar os traballos  neste verán, en coordinación coas obras da estación ferroviaria. Estas obras da estación de autobuses intermodal de Lugo son financiadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional do programa operativo Feder Galicia 2021-2027.

Como explicou Diego Calvo, a Administración autonómica mantén o seu compromiso para dotar Lugo dun gran centro de transporte público, cunhas instalacións modernas e accesibles e cun aparcadoiro subterráneo.

Ademais da colaboración entre administracións na posta en marcha desta infraestrutura,  o conselleiro incidiu no deber de traballar xuntos na defensa dun reforzo dos servizos ferroviarios na provincia, debido a que a actual oferta de servizos ferroviarios é insuficiente e incapaz de responder ás necesidades de mobilidade dos veciños de Lugo.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

A Xunta leva en setembro de 2025 a Lugo Love of Lesbian, Carolina Durante...

0
O director de Turismo de Galicia e o delegado da Xunta en Lugo participaron hoxe na presentación do cartel dos concertos que se celebrarán...

Publicacións Relacionadas