A Xunta valora o traballo das entidades sociais pola visibilización e os dereitos das persoas con ELA

Redacción

Perfecto Rodríguez lembrou que Galicia foi a primeira comunidade en ofrecer unha prestación económica anual aos doentes

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, participou está mañá no evento solidario Cangas Móvese pola ELA. Unha xornada con actividades deportivas organizada pola  Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (Agaela) e que xa leva once edicións celebrándose co obxectivo de dar visibilidade á ELA e apoiar as persoas que conviven con esta enfermidade.

Durante a cita, Perfecto Rodríguez valorou o traballo de entidades sociais como Agaela, que fan unha labor incansable a prol das persoas afectadas pola ELA, tanto achegando a realidade desta enfermidade como impulsando a investigación e contribuíndo a que os doentes conten cos recursos e coa atención que precisan.

Neste sentido, lembrou o compromiso da Xunta con todas as persoas que padecen ELA e as súas familias e que motivou que Galicia foise a primeira comunidade de España en conceder unha prestación económica anual de 12.000 euros para afrontar os gastos derivados da doenza. O xerente do Consorcio reclamou, por último, unha vez máis, que o Goberno central estenda as axudas a todos os galegos con ELA e que poidan utilizalas nos servizos que máis precisen e que mellor se adapten ás súas necesidades.

Comparte este artigo