Home Xunta de Galicia Culturgal ultima a súa 17ª edición co apoio da Xunta para unha...

Culturgal ultima a súa 17ª edición co apoio da Xunta para unha programación de 200 actividades e espectáculos

- Anuncio -

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude repite como principal entidade patrocinadora da Feira das Culturas Galegas, ademais de promover directamente unha vintena de presentacións, actuacións artísticas e obradoiros

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou hoxe en Pontevedra no anuncio dos principais eixos arredor dos que xirará a 17ª feira Culturgal, que terá lugar do 29 de novembro ao 1 de decembro. O Pazo da Cultura da capital do Lérez volverá acoller tres intensos días de actividade, cunhas 200 citas programadas entre espectáculos, presentacións, obradoiros, exposicións ou mesas redondas.

Sutil, quen interveu nesta presentación xunto a Víctor López, presidente da Asociación Culturgal; Camilo Franco, director da feira, e representantes do resto de entidades implicadas, fixo fincapé no compromiso da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude co desenvolvemento anual deste evento e coa ampla rede de colaboradores asociativos e empresariais que traballa na súa organización.

No caso da Xunta, ademais da achega de 85.000 euros que canaliza a través do convenio asinado coa Asociación Culturgal, estanse a preparar unha vintena de accións que se inserirán no programa xeral do encontro para o seu desenvolvemento tanto no expositor institucional como no resto dos espazos do recinto. Entre elas, os contacontos de A Vendedora de Fume e de Vero Rilo, os espectáculos do Mago Teto, Pedro Volta e Teatro Ghazafelhos, un achegamento ao proceso creativo da proposta escénica Ca-co-flex, as performances de Kirenia Danza e de Daniel Rodríguez arredor das súas respectivas coproducións co Centro Coreográfico Galego, ou a de María Gimeno para a presentación do catálogo da exposición do Museo Centro Gaiás Outras historias posibles.

Promoveranse, así mesmo, a Foliada Culturgal do domingo, coa participación do Grupo de Música Tradicional da Xunta de Galicia, ademais de tres exhibicións interactivas no Espazo Videoxogos ou os obradoiros de xoiería e tatuaxe asociados a outras dúas exposicións da Cidade da Cultura de Galicia: Tattoo. Arte baixo a pel e Unha vida viquinga.

Entradas xa á venda
As entradas por días e os bonos para acceder a esta 17ª edición da Feira das Culturas Galegas atópanse xa á venda na web cultur.gal, con descontos por compra anticipada, así como prezos especiais para familias e público infantil. Xa se poden adquirir tamén as localidades para asistir aos espectáculos Ultranoite cultureta, que a compañía Chévere creou especificamente para a feira, e A nena e o grilo camiño das cores, co que Magín Blanco despedirá a serie A nena e o grilo.

Culturgal 2024 será tamén o escenario de dúas celebracións, a dos 30 anos do movemento bravú a e do décimo aniversario de PuntoGal, ademais de ofrecer os concertos de Su Garrido Pombo, Caamaño & Ameixeiras e Pava, o proxecto musical de Lucía Aldao.

Un cento de postos no recinto feiral
No apartado literario, destacan os encontros co recente Premio Nacional das Letras, Manuel Rivas, e con Olga Novo, Premio Nacional de Poesía 2020. Ademais, o recinto feiral contará este ano cun cento de postos, un espazo propio para as artes escénicas e volverá acoller diferentes mesas redondas para profesionais do sector, que desta volta abordarán temas como o xornalismo cultural ou os usos e perigos da intelixencia artificial.

Un ano máis, a organización da feira corre a cargo da Asociación Culturgal, constituída pola Asociación Galega de Editores, Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, Asociación Galega de Empresas Musicais, Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías e Asociación Galega de Produtoras Independentes.

Relacionadas

A Xunta colabora na edición dun libro que recolle as vivencias personais de doce...

0
- O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria estivo presente no acto de entrega dos exemplares a cada un dos protagonistas - Este proxecto...

Turismo promociona en Bilbao a proposta urbana con ‘De Tapas por Galicia’ para incrementar...

0
— O ano pasado, o mercado vasco situouse en 269.000 visitantes que fixeron 2,1 millóns de noites, o que supón crecementos dun 7% e...

A Xunta avalía na Mesa do Emprego Autónomo a nova orde unificada con 40...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, presidiu esta tarde unha nova xuntanza da Mesa do Emprego Autónomo de Galicia, onde...

A Xunta destaca a proactividade e o compromiso de Galicia na prevención de riscos...

0
― José González subliñou o papel activo da comunidade galega na representación das autonomías durante a negociación da Estratexia Española de Seguridade e Saúde...

A Xunta aumenta ata os máis de 18,2 M€ as axudas para incentivar a...

0
— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que incrementa en máis de 700.000 € o crédito do programa Galicia Emprega 2024,...

A Xunta aborda cos concellos da Área da Coruña a renovación do convenio para...

0
— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes mantivo unha reunión con representantes dos concellos de Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada para...

Publicacións Relacionadas