Home Xunta de Galicia Román Rodríguez comprométese a reforzar o apoio da Xunta á mellora das...

Román Rodríguez comprométese a reforzar o apoio da Xunta á mellora das competencias lingüísticas do alumnado galego a través de distintas accións

- Anuncio -

— Lembra que a Xunta ten en marcha un amplo programa de estadías lingüísticas con preto de 2.500 prazas en primavera, outono e verán en Galicia e no estranxeiro

— Neste impulso, este curso uns 5.500 alumnos de 205 centros poderán acceder a unha axuda directa de 100€ para acreditar oficialmente o seu nivel de idiomas

 A Xunta de Galicia vai seguir reforzando as distintas accións de apoio ao alumnado para que mellore as súas competencias lingüísticas nunha lingua estranxeira e, deste xeito, avanzar na consolidación do “modelo de éxito” do sistema educativo galego. Así o expresou esta mañá o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, en Mondariz-Balneario, onde visitou o alumnado participante nas estadías lingüísticas de primavera Spring Week, que este ano chegan a 1.450 alumnos de entre 6º de Primaria e 4º de ESO.

Román Rodríguez animou á rapazada a “aproveitar ao máximo esta oportunidade” na que, durante unha semana, exercen a práctica oral en lingua inglesa con apoio de profesorado nativo a través de distintas actividades lúdicas que xiran en torno a temáticas de interese cultural, social, artístico e medioambiental, ao tempo que “se fomenta a convivencia” entre o grupo. “Unha estadía que, ademais, é totalmente de balde para as familias”, puntualizou.

2.500 prazas en Galicia e no estranxeiro
O titular de Educación do Goberno galego lembrou que o seu departamento oferta este curso preto de 2.500 prazas de estadías tanto en Galicia (a través da Spring Week en primavera e da Digital Week en outono), coma no estranxeiro durante o verán. Neste último caso o programa, dirixido a alumnado de Bacharelato, desenvólvese en agosto e consiste nunha estancia de tres semanas en réxime residencial ou familiar en distintos países como Reino Unido, Irlanda, Canadá, Francia, Alemaña e Portugal.

Ao abeiro da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, outra das liñas de traballo da Consellería é a acreditación de competencias lingüísticas en diferentes idiomas a través de probas específicas financiadas pola Xunta, da que se van beneficiar un total de 5.500 alumnos de 205 centros este curso. A Consellería de Educación concede 100€ ás familias cuxos fillos se presenten á certificación de entidades oficiais recoñecidas.

Ademais, de cara ao vindeiro curso a Xunta vai seguir implementando o modelo plurilingüe en Galicia -con ata un terzo do horario lectivo en lingua estranxeira- do que xa forman parte 500 centros plurilingües co apoio de 655 auxiliares de conversa nativos de ata 22 nacionalidades que imparten clases neles.

Nove quendas entre abril e xuño
As estadías lingüísticas Spring Week arrancaron a mediados deste mes e desenvolveranse ata mediados de xuño en quendas semanais de domingo pola tarde ata o sábado seguinte en nove quendas semanais e totalmente de balde para as familias.

No caso concreto de Mondariz-Balneario, a estadía ten lugar no complexo natural CEMAR, onde nesta quenda participan 154 alumnos de oito centros educativos: CPI Domingo Fontán de Portas, IES Plurilingüe Castro da Uz das Pontes de García Rodríguez, CPI Castro Baxoi de Miño, IES Francisco Aguiar de Betanzos, CPI Plurilingüe Tino Grandío de Guntín, IES Universidade Laboral de Ourense, IES de Ortigueira e IES Plurilingüe Fontexería de Muros. Os participantes alternan actividades lúdicas e cooperativas en inglés centradas en temas relacionados cos valores democráticos, coa sostibilidade e o coñecemento da contorna.

Relacionadas

A Xunta destaca a aposta do R.C. Celta polo deporte feminino e de base...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e da delegada territorial...

Román Rodríguez felicita os participantes no V Certame de Servizo de Cervexa Estrella Galicia...

0
— O conselleiro de Educación agradece o apoio da compañía a estas ensinanzas, tanto a través da formación en empresa como de iniciativas coma...

Román Rodríguez pon en valor a función dos equipos directivos dos centros escolares, que...

0
Lembra que xa están en vigor os complementos por función directiva, por titorías e por formación permanente e se está avanzando nos grupos de...

Diego Calvo asiste esta tarde no Lalín Arena ao partido dos Hispanos contra Serbia

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu esta tarde no...

O itinerario turístico da Xunta ao redor da flor da camelia incorpora seis novos...

0
Súmanse á Ruta da Camelia o Pazo de Faramello, na Coruña, e a Estación Fitopatolóxica Areeiro de Pontevedra Na categoría de recurso asociado entran...

A Xunta sitúa o servizo de asistencia xurídica gratuíta en Galicia como “referente a...

0
O director xeral de Xustiza compareceu no Parlamento para dar conta dos avances na materia, que enmarcou no diálogo constante cos colectivos representantes dos...

Publicacións Relacionadas