Free Porn
xbporn
Home Ourense Dez concellos da provincia de Ourense constituirán unha comunidade enerxética local co...

Dez concellos da provincia de Ourense constituirán unha comunidade enerxética local co apoio da Xunta

- Anuncio -
  • O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, reuniuse hoxe cos alcaldes dos municipios adheridos a esta iniciativa
  • Trátase dos concellos de Amoeiro, Coles, Gomesende, Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, O Pereiro de Aguiar, Ramirás, San Cibrao das Viñas, Vilamarín e Xunqueira de Espadanedo, que forman parte da Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense (Adercou)
  • Esta axuda financia a contratación da subministración centralizada de electricidade a través da Central de Contratación de Adercou
  • Contempla, entre outras medidas, a instalación de paneis fotovoltaicos nas dependencias dos dez concellos adheridos, cunha potencia de 1,13 MWp que xerarán uns 1.285 MWh, equivalente ao 13% do seu consumo de electricidade

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, reuniuse hoxe cos alcaldes dos dez concellos da provincia de Ourense que van constituír unha comunidade enerxética local ao amparo das axudas que a Xunta convocou o pasado ano a través do Instituto Enerxético de Galicia por importe de 1,4M€.

En concreto trátase dos concellos de Amoeiro, Coles, Gomesende, Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, O Pereiro de Aguiar, Ramirás, San Cibrao das Viñas, Vilamarín e Xunqueira de Espadanedo, que forman parte da Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense (Adercou).

Esta axuda financia a contratación da subministración centralizada de electricidade a través da Central de Contratación de Adercou. Contempla, en primeiro lugar, a instalación de paneis fotovoltaicos nas dependencias dos dez concellos adheridos, cunha potencia de 1,13 MWp que xerarán uns 1.285 MWh, equivalente ao 13% do seu consumo de electricidade.

Ademais, en sete dos municipios, prevese adaptar as caldeiras de gasóleo con sistemas de bombas de calor aerotérmicas. E, xunto con isto, as axudas tamén cobren a instalación dun punto de recarga e a compra dun vehículo eléctrico.

O investimento previsto para esta actuación supera os 177.000 euros e a axuda outorgada é de máis de 122.500 euros.

Poden acollerse a este acordo marco calquera entidade local pertencente á provincia de Ourense, así como os seus entes dependentes, co único requisito de adherirse á Central de Contratación a través do convenio vixente.

O obxectivo é reducir a factura eléctrica das entidades adheridas, no marco dunha política de fomento do autoconsumo enerxético tanto en empresas como na administración pública que a Xunta está a desenvolver a través do Inega.

Relacionadas

A Xunta pon en valor o programa ‘Reencontros con Galicia’ para seguir reforzando os...

0
— Esta iniciativa, que se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade, ten como obxectivo facilitar o contacto dos galegos e...

Luis Álvarez Pousa, Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo

0
No seu fallo, o xurado destaca a súa longa e intensa traxectoria profesional, aínda en activo, “como formador das primeiras promocións de xornalistas galegos,...

A Xunta destaca que unha industria segura será máis produtiva, eficiente e máis competitiva

0
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, asistiu hoxe á 5ª xornada de Seguridade industrial do sector das minas onde...

O alcalde critica a “mala fe e picaresca” dos sindicatos pola convocatoria de folga...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, critica a “mala fe” dos sindicatos con representación no Concello pola convocatoria de folga para os días...

A Xunta destaca a ampla traxectoria de Manuel Patinha con motivo da mostra retrospectiva...

0
Os conselleiros de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participaron hoxe na inauguración da mostra...

Lete reivindica o ‘deporte para toda a vida’ tras o ouro individuao e por...

0
_Ten un recoñecemento especial para Jorge Crespo que acadou outro fito para Galicia coa medalla de prata na categoría Máster 40 O secretario xeral para...

Publicacións Relacionadas