O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, Roberto García, recibiu hoxe ao futbolista Borja Iglesias e ao árbitro asistente Diego Sánchez Rojo, os dous deportistas galegos que participaron no recente Mundial 2026. Diego Calvo felicitou a Borja Iglesias, compostelán e dianteiro do Celta, por converterse no primeiro xogador galego en gañar unha Copa do Mundo e a Diego Sánchez, coruñés, por ser o primeiro xuíz de liña galego en participar na fase final dun campionato mundial. Ambos homenaxeados súmanse ás xestas galegas de Teresa Abelleira, campioa do mundo no Mundial 2023, e de Yolanda Parga, árbitro asistente no Mundial 2015.

