Diego Calvo recibiu de mans do último vencedor da XXII Volta Ciclista a Galicia, José Luis Faura, un maillot amarelo asinado

adminON
Lectura mínima de 1

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu esta mañá de mans do último vencedor da XXII Volta Ciclista a Galicia, José Luis Faura, un maillot amarelo asinado. Precisamente o pasado domingo Diego Calvo foi o encargado de facer entrega do trofeo ao corredor do equipo Cortizo na última etapa da proba en Sanxenxo. Na recepción de hoxe tamén estiveron presentes o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; o director do equipo Cortizo, Marcos Serrano; o director da Volta Ciclista a Galicia, Jacobo Ucha e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz. A competición, consolidada no calendario nacional na categoría elite sub-23, reuniu a semana pasada a 18 equipos nun percorrido de case 455 quilómetros en catro etapas polas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.

Comparte este artigo