Directivos da Área Sanitaria expuxeron nunha xuntanza temas relacionados coa recepción dos pacientes trasladados nas ambulancias do 061 ás urxencias hospitalarias

adminON
Lectura mínima de 2
  • No transcurso deste encontro, presidido esta mañá no Hospital Provincial de Pontevedra polo xerente da Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés, José Flores Arias, confirmouse ao sindicato CIG que non existe ningún protocolo novo nos procesos de recepción de pacientes para prestar atencións urxentes no hospital
  • A colocación dunha nota informativa para ordenar o acceso a un reducido espazo e evitar que, en ‘picos’ na atención urxente -nalgunhas datas con máis de 230 pacientes por xornada- os enfermos se concentren fisicamente neste servizo foi a iniciativa estratéxica do Sistema Sanitario Público para ordenar os tránsitos

A Dirección da Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés reuniuse hoxe con representantes do sindicato CIG para analizar casuísticas na atención das urxencias hospitalarias do Complexo Hospitalario Universitario pontevedrés que se producen en ocasións puntuais en Montecelo.

No transcurso deste encontro, que estivo presidido esta mañá no Hospital Provincial de Pontevedra polo xerente da Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés, José Flores Arias, confirmouse ao sindicato que non existe ningún protocolo novo nos procesos de recepción de pacientes para prestar atencións urxentes no hospital Montecelo.

A colocación dunha nota informativa para ordenar o acceso a un reducido espazo e evitar que, en momentos de picos na atención urxente -nalgunhas datas con máis de 230 pacientes por xornada- os enfermos se concentren fisicamente neste servizo foi a iniciativa estratéxica do Sistema Sanitario Público para ordenar os tránsitos e garantir o dereito á intimidade dos pacientes e profesionais.

Casuística puntual

Esta casuística puntual xorde cando chegan enfermos a bordo de ambulancias de Soporte Vital Básico (SVB) que teñen que agardar para que lles efectúen a primeira consulta no triaxe, aplicando os protocolos do Triaxe Mánchester -sistema de clasificación e priorización de pacientes deseñado nos anos 90 por profesionais de Urxencias de hospitais desa cidade inglesa-.

Acordouse optimizar a recepción de pacientes trasladados en ambulancias de soporte vital básico, revisando os circuítos asistenciais aplicados na actualidade.

Comparte este artigo