Home Xunta de Galicia Galicia e as Rexións Europeas debaten sobre o impacto da futura ampliación...

Galicia e as Rexións Europeas debaten sobre o impacto da futura ampliación da ue na política rexional

- Anuncio -

— O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou no último encontro da comisión CIVEX do Comité Europeo das Rexións, celebrado na capital de Lituania

— Durante esta reunión anual fóra de sede, os membros tamén abordaron a importancia das relacións da UE con África e sobre o papel que teñen nestas os entes rexionais e locais

— Un intercambio de puntos de vista sobre o cambio de ciclo da UE tras as últimas eleccións europeas completou a axenda da xornada

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia no encontro da comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX) do Comité Europeo das Rexións (CdR) que se celebrou hoxe en Vilna, na capital de Lituania. Entre os tres debates que tiveron lugar nesta xornada, destacou o relativo á dimensión rexional e local da futura ampliación da Unión Europea, centrado particularmente no seu impacto no futuro da política de cohesión.

O intercambio de puntos de vista entre as rexións europeas a este respecto estivo enmarcado no actual cambio de ciclo institucional, xa que será tras o inicio do novo mandato das institucións europeas cando teña lugar a revisión das políticas previas á ampliación. Neste contexto, o CdR traballa nun estudo sobre a preparación da ampliación dende unha perspectiva territorial. Ademais, os seus membros avogan pola intensificación da actividade dos comités consultivos mixtos existentes e pola creación doutros novos para Ucraína, Moldavia e Albania.

Na reunión abordouse tamén o papel das rexións e municipios na estratexia da Unión Europea para África, posta en marcha en 2020 co obxectivo de forxar unha asociación entre os dous continentes equilibrada e baseada no beneficio mutuo e nos valores comúns. Durante o debate sobre un documento de traballo previo a un ditame de propia iniciativa, os membros da CIVEX reivindicaron unha maior implicación das autoridades subnacionais no desenvolvemento daquelas prioridades da Asociación África-UE cun impacto territorial.

Tal e como sinalou o director xeral e como se recolle na Estratexia Galega de Acción Exterior, Galicia ten a súa propia folla de ruta para as relacións co continente africano, particularmente coa África lusófona e Guinea Ecuatorial en eidos como a pesca.

Galicia nas comisións CIVEX e NAT do CdR

No actual mandato 2020-2025 do Comité Europeo das Rexións, Galicia participa na Comisión de Recursos Naturais (NAT) e na Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX). Esta última elabora ditames en materia de seguridade, liberdade, xustiza, política migratoria e cidadanía, canalizando así a voz das rexións e municipios europeos para o reforzo da democracia europea.

Ademais da futura ampliación da UE e das relacións UE-África, na reunión tamén foron obxecto de debate os resultados das eleccións europeas celebradas o pasado xuño.

Relacionadas

O prazo de presentación de solicitudes das axudas de Medio Rural para as Asociacións...

0
― O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, puxo hoxe en valor estas achegas, dotadas cun orzamento de 2,28 millóns...

A Xunta reforza o apoio aos concellos con máis de 5,6 M€ para a...

0
A conselleira destacou que o investimento para sufragar os custos de persoal dos CIMS aumenta este ano un 12% con respecto ao 2024Fabiola García...

Rueda recibe a usuarios do Centro Juan María, referente no eido da inclusión das...

0
Membros da asociación fixéronlle entrega ao presidente do cadro que adquiriu na celebración do 40 aniversario do centro O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu...

A Xunta destaca a inclusión de Portugal nas etapas de ‘O Gran Camiño’ para...

0
— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asistiu hoxe á presentación da cuarta edición da proba, que atravesará as catro provincias galegas do...

Un total de 147 asociacións de nais e pais que xestionan comedores escolares acceden ás axudas...

0
— O Goberno galego reforzou nos últimos anos esta liña, o que fai que estas asociacións reciban hoxe case o tripo do importe que...

A Xunta convoca a batería máis de medidas para apoiar aos autónomos a...

0
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a primeira convocatoria unificada para autónomos co gallo de axilizar a tramitación de achegas e avanzar...

Publicacións Relacionadas