Galicia terá este ano 118 praias con Bandeira Azul, 10 máis que en 2025, e consolídase como a terceira comunidade española con máis areais galardoados

Redacción
  • Entre as principais novidades da convocatoria, cómpre destacar que por primeira vez unha praia da provincia de Ourense, a dos Franceses (A Veiga), lucirá este distintivo
  • O municipio pontevedrés de Sanxenxo volve liderar un ano máis a clasificación nacional de praias galardoadas, cun total de 18, seguido de Vigo, con 12
  • Bastiagueiro, en Oleiros, é un dos sete areais en todo o mundo que mantén este recoñecemento desde o ano 1987 de forma consecutiva e ininterrompida
  • A Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) tamén premia a calidade dun total de 11 portos deportivos galegos e 18 centros de interpretación e aulas da natureza das 3 provincias costeiras, dos cales 2 nunca foran galardoados
  • En total, Galicia lucirá este ano 219 distintivos azuis entre praias, áreas portuarias, instalacións para visitantes e sendeiros, o que a coloca por primeira vez na segunda posición da clasificación a nivel nacional, só por detrás de Valencia (228)
  • Ángeles Vázquez salienta a boa posición da Comunidade, cun balance que reflicte a súa aposta polo coidado ambiental e por dar a coñecer os recursos do litoral como un incentivo máis para impulsar o turismo sostible e respectuoso coa contorna

Galicia terá este ano un total de 118 praias en 38 municipios galardoadas coa bandeira azul, un distintivo de carácter internacional co que a Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) recoñece anualmente a areais de todo o mundo seleccionados en base a unha serie de rigorosos criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos.

Desde xeito e con 10 distintivos máis que o ano anterior, Galicia concentra case unha de cada sete bandeiras concedidas en España (794) e consolida a súa posición entre as tres comunidades que reciben un maior número de distintivos para as súas praias, xunto con Valencia (que suma 197) e Andalucía (184).

Dos 118 areais galegos galardoados na presente edición, cómpre subliñar que, por primeira vez, unha praia fluvial da provincia de Ourense —a dos Franceses, no concello da Veiga— recibirá a bandeira azul.

A este fito histórico na Comunidade hai que sumar os outros tres areais que estrearán distintivo: Niñóns, en Ponteceso; O Laño, en Poio; e Pampaído, en Sanxenxo, municipio que, de feito, suma unha praia respecto a 2025. Ademais, outras seis —Ponzos, en Ferrol; A Concha e Morouzos, ambas en Ortigueira; Coroso, en Ribeira; A Pasada, en Barreiros e Loira, en Marín— recuperan a bandeira que non luciron no período anterior.

Así mesmo, Adeac tamén deu a coñecer esta mañá a relación de portos deportivos que ondearán a bandeira azul. Das 111 instalacións recoñecidas en todo o país, 11 están en Galicia, o que a converte na quinta comunidade con máis instalacións recoñecidas.

Ademais, como novidade, o xurado resolveu conceder as bandeiras azuis a praias e portos deportivos por un período de dous anos (2026-2027) para adaptarse aos novos requisitos de acreditación internacionais e aos cambios normativos da UE. O galardón outorgado, en todo caso, seguirá estando condicionado ao cumprimento dos criterios de concesión exixidos durante todo o período, polo que se fará un seguimento anual e os correspondentes procesos de verificación durante 2027.

De igual xeito, un ano máis recoñeceu tamén o labor dos chamados centros azuis, categoría na que se engloban aulas de natureza e de mar, centros de recepción de visitantes e instalacións de investigación ou similares dedicadas á educación ambiental en municipios relacionados co programa Bandeira Azul. Dos 106 centros azuis galardoados en todo o país en 2026, 18 están en Galicia (1 máis que na convocatoria anterior), que é a terceira comunidade con máis distincións neste eido, só por detrás de Valencia (con 26) e Andalucía (19).

Neste apartado, destacan dúas novas incorporacións á listaxe de centros azuis galegos. Trátanse, en concreto, das sedes de Vigo e da Coruña do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía, que estrean bandeira.

Cómpre subliñar que os criterios esixidos por Adeac para a concesión da bandeira azul, no caso de praias e portos, están relacionados coa calidade das augas —que ten que ser excelente—; a seguridade e a accesibilidade; a dotación de servizos; así como a xestión ambiental e a sustentabilidade. Pola súa parte, os centros azuis deben fomentar a educación ambiental no litoral, o coñecemento da contorna e as alternativas de ocio.

Tras darse a coñecer hoxe a relación de praias, portos e centros galardoados, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, salientou a boa posición que ocupa Galicia un ano máis a nivel nacional, uns resultados que enmarcou na aposta da Xunta polo coidado ambiental e a divulgación dos recursos naturais que conforman o litoral máis extenso de todo o país e que converten á Comunidade “nun lugar único” para visitar de forma sostible e respectuosa coa contorna.

Datos a nivel provincial

Por provincias, Pontevedra concentra un ano máis o maior número de bandeiras azuis de Galicia: 56 que recaen noutras tantas praias e 6 en instalacións portuarias. No caso da Coruña, os galardoados foron 44 areais (5 máis que en 2025, sendo a provincia na que se produciu o maior incremento) e 4 portos; e no de Lugo, recoñeceuse con este distintivo a 17 praias e 1 porto. Ademais, hai que sumar a primeira bandeira azul para Ourense.

Sanxenxo volve repetir como o municipio español con máis areais galardoados, un total de 18. O concello pontevedrés recibe, ademais, 3 distincións para outros tantos portos. Ademais, cómpre subliñar o caso de Vigo, a cidade galega que recibe máis bandeiras para as súas praias (12) e o segundo municipio de España nesta clasificación, ademais de ter tamén 1 porto e 1 centro recoñecidos. Son os únicos municipios galegos na listaxe de municipios de España con maior número de bandeiras en areais e portos.

Na provincia da Coruña, Arteixo é o que segue a concentrar o maior número de bandeiras, con 6 praias e 1 centro azul; seguida da cidade de Ferrol, que ao recuperar unha praia colócase tamén con 6 bandeiras, da cidade da Coruña —5 areais e 1 porto— e de Oleiros, con 5 praias distinguida —entre elas a de Bastiagueiro, que é unha das sete en todo o mundo que logra manter a bandeira azul desde 1987— e 2 centros azuis.

Así mesmo, Foz é o concello lucense con máis areais galardoados, 5 en total; seguido de Barreiros, con 3 praias; Burela, con 2 praias e 2 centros azuis; Ribadeo, que suma 2 praias con bandeira e o único porto distinguido nesta provincia; e O Vicedo, con 2 areais recoñecidos no marco da actual convocatoria.

Líder en sendeiros azuis

Por último e con relación aos chamados sendeiros azuis, cómpre precisar que, por quinto ano consecutivo, Adeac convocou estes distintivos como un programa independente ao de Bandeira Azul co que se busca poñer en valor o papel das sendas como un recurso valioso para gozar da natureza e aprender a interpretar a contorna.

Os resultados da última convocatoria déronse a coñecer o pasado mes de febreiro e consolidan a posición de liderado absoluto de Galicia nesta categoría xa que é a comunidade que concentra 72 dos 194 itinerarios galardoados en todo o país —é dicir, 18 máis que os que recibiu en 2025—.

En total e sumando praias, portos, centros de visitantes e sendeiros distinguidos por Adeac, Galicia atesoura 219 galardóns, un balance que a sitúa xa como a segunda comunidade española que concentra máis recoñecementos deste tipo, só por detrás de Valencia (228) e superando por primeira vez a Andalucía, que suma 204 distintivos azuis en total e cae á terceira posición da clasificación nacional.

A continuación detállanse os galardóns concedidos en 2025 en Galicia no marco do programa Bandeira Azul, diferenciando entre praias, portos e centros azuis e resaltando cun * aqueles que o reciben por primeira vez.

PRAIAS CON BANDEIRA AZUL 2026-2027
PROVINCIA DA CORUÑA 18 concellos / 44 areais
A CoruñaAs Lapas
Orzán-Matadero
Oza
Riazor
San Amaro
A LarachaCaión
A Pobra do CaramiñalLombiña-Cabío
ArteixoA Salsa (Repibelo)
Barrañán
Combouzas
Porto de Suevos
Sabón
Valcovo
As Pontes de García RodríguezLago das Pontes
BergondoGandarío
CamariñasArou
CarballoPedra do Sal
Razo
Saíñas
DumbríaO Ézaro
FerrolA Fragata-O Pareixal
Caranza
Doniños
Ponzos
Esmelle
San Xurxo
LaxeLaxe
Malpica de BergantiñosArea Maior
MiñoA Ribeira
Grande
Perbes-Andahío
MurosSan Francisco
OleirosBastiagueiro
Espiñeiro
Mera
Naval
Santa Cristina
OrtigueiraA Concha
Morouzos
PontecesoA Ermida
Balarés
Niñóns *
O Osmo
RibeiraCoroso
 
PROVINCIA DE LUGO 8 concellos / 17 areais
BarreirosCoto
Fontela Valea
A Pasada
BurelaA Marosa
O Portelo
CervoO Torno
FozA Rapadoira
Areoura
As Polas
Llas
Peizás
O VicedoAbrela
Xilloi
RibadeoAs Catedrais
Os Castros-Illas
ViveiroArea
XoveEsteiro
 
PROVINCIA DE OURENSE 1 concello / 1 areal
A VeigaPraia dos Franceses *
 
PROVINCIA DE PONTEVEDRA 11 concellos / 56 areais
A GuardaArea Grande
O Muíño
A Illa de ArousaArea da Secada
Bao (Camaxe)
BaionaBarbeira
Concheira
Frades
Ladeira
Ribeira
Santa Marta
BueuArea de Bon
Lagos
Lapamán
Portomaior
MarínAguete
Loira
Mogor
Portocelo
Santo do Mar-A Coviña
MoañaO Con
PoioCabeceira
O Laño *
Xiorto
Ponte CaldelasA Calzada (praia fluvial)
SanxenxoA Lapa
Agra
Areas
Areas Gordas
Baltar
Bascuas
Canelas
Caneliñas
Foxos
Major
Montalvo
Nosa Señora da Lanzada
O Espiñeiro
Pampaído *
Panadeira
Paxariñas
Pragueira
Silgar
VigoArgazada
A Fontaíña
A Punta
Canido
Carril
Fortiñón
O Adro
O Mende
O Vao
Rodas (Illas Cíes)
Santa Baia
Tombo do Gato
Vilagarcía de ArousaCampanario
Compostela
PORTOS CON BANDEIRA AZUL 2026-2027
A CoruñaA CoruñaReal Club Náutico A Coruña-Marina Real
SadaClub Náutico Sada
Porto Deportivo Sadamar
O Porto do SonReal Club Náutico de Portosín
LugoRibadeoPorto Deportivo de Ribadeo
PontevedraBaionaMonte Real Club de Iates de Baiona
O GrovePorto Deportivo Pedras Negras
SanxenxoReal Club Náutico Sanxenxo
Club Náutico Portonovo
Porto Deportivo Juan Carlos I
VigoLiceo Marítimo de Bouzas
CENTROS AZUIS 2026
A CoruñaA CoruñaCentro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía (IEO CSIC) *
A LarachaCentro de interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte Golmar
ArteixoMuseo-Centro de interpretación Mar de Sorrizo
CamariñasCentro de visitantes do Faro de Cabo Vilán
Museo Man de Camelle
OleirosAula do Mar do centro de interpretación do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes
CEIDA: Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
LugoBurelaCentro de Educación Medioambiental Gaia
Barco Museo Reina del Carmen
PontevedraA Illa de ArousaCentro de interpretación da Conserva
BaionaCentro de interpretación ambiental Foz do Miñor
BueuAula de Natureza Cabo Udra
Centro de interpretación do litoral de Agrelo
Estaleiro de Purro
MarínCentro de interpretación dos petróglifos de Mogor
PoioCasa Museo de Colón
VigoVisor submarino Nautilus (Autoridade Portuaria de Vigo)
Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO CSIC) *
Comparte este artigo