HomeXunta de GaliciaGalicia únese a outras rexións europeas para salvagardara a competitividade do sector...

Galicia únese a outras rexións europeas para salvagardara a competitividade do sector sirerúrxico europeo

- Anuncio -spot_img

— O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou nun seminario do Comité Europeo das Rexións, celebrado en Avilés

— Os representantes locais e rexionais abordaron os retos que presenta para o sector europeo a presión da competencia desleal

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou hoxe en Avilés no seminario Forxando o futuro:
claves para unha industria europea do aceiro competitiva
, organizado pola comisión de Política Económica (ECON) do Comité Europeo de Rexións (CdR).

O encontro serviu como intercambio de experiencias entre os representantes locais e rexionais sobre como facer fronte aos retos da transformación industrial, centrándose na industria do aceiro e nos seus provedores. A industria siderúrxica da UE enfróntase actualmente ao exceso mundial de capacidade de produción, que supera en máis de cinco veces o consumo anual de aceiro da Unión Europea.

O Comité das Rexións traballa nun ditame, liderado por Asturias,sobre o Plan Europeo de Acción para o Aceiro e os Metais, publicado pola Comisión Europea en marzo, no que destaca o papel dos entes locais e rexionais como actores clave para desenvolver ecosistemas industriais e realizar grandes proxectos de investimento pública. Jesús Gamallo defendeu en reunións previas da comisión ECON a necesidade de incrementar o investimento en redes eléctricas para que os proxectos de electrificación e descarbonización no sector siderúrxico se poidan acometer con garantías que permitan reducir custos enerxéticos e avanzar na descarbonización.

A posición de Galicia e do CdR segue a estela da Comisión Europea, que vén de anunciar unha nova medida para protexer o sector siderúrxico da UE para substituír a medida de salvagarda do aceiro que expirará en xuño de 2026.

Galicia no Comité Europeo das Rexións

No actual mandato 2025-2030 do Comité Europeo das Rexións (CdR), Galicia participa na comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (Civex) e na comisión de Política Económica (ECON). Esta última elabora ditames sobre economía, industria ou competencia, canalizando así a voz das rexións e municipios europeos en relación á política económica, industrial e comercial comunitaria.

Publicacións Relacionadas