test
Home Xunta de Galicia Lete destaca a aposta da Xunta polo pádell e as súas infraestruturas,...

Lete destaca a aposta da Xunta polo pádell e as súas infraestruturas, que conseguer traer a Galicia os mellores eventos do Mundo como o A1 Tour

- Anuncio -

_Dende 2009, a Federación Galega de Pádel pasou de ser a vixésimo novena federación galega en número de licenzas con 1.482 a ser hoxe a sexta con maior número de licenzas con 9.427

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou no serán de hoxe da inauguración oficial da primeira edición do A1 Pádel Galicia Open dentro do A1 Pádel Tour que se está a celebrar dende este luns en Pontevedra. O mandatario galego destacou o papel de España como o país europeo con maior número de pistas e de clubs de pádel e, dentro deste contexto, lembrou a aposta decidida da Xunta de Galicia polas infraestruturas de pádel enumerando algúns dos concellos galegos nos que se levaron a cabo estas instalacións como A Cañiza, Ponteceso, Riotorto, Sober, Salvaterra, Soutomaior, Begonte, Portomarín, Portas, Pazos de Borbén, Salvaterra de Miño, A Baña, Mañón, Antas de Ulla ou Pereiro de Aguiar.

Lete Lasa sinalou a importancia deste impulso porque dende 2009, a Federación Galega de Pádel pasou de ser a vixésimo novena federación galega en número de licenzas con 1.482 a ser hoxe a sexta con maior número de licenzas con 9.427, tan só superada por fútbol, caza, golf, baloncesto e balonmán.

O secretario xeral salientou tamén como un feito chave para a evolución do deporte en Galicia que os mellores concursos internacionais queiran vir á nosa comunidade como o foi o caso do mellor circuíto do mundo, o World Padel Tour, que tivo dez eventos en Galicia nas cidades da Coruña (2013, 2015, 2016 e 2017), Lugo (2018 e 2021) e Vigo (2019, 2021, 2022 e 2023). Deste xeito, Lete Lasa agradeceu ao A1 Pádel Tour, que conta, dende 2020, co ambicioso obxectivo de converterse no circuíto mundial máis prestixioso do mundo, que conte con Galicia para o seu calendario.

Con respecto á participación galega, o secretario xeral aplaudiu a gran competición de Martín Sánchez, Borja Yribarren e Daniel Blanco, que conseguiron meterse no cadro principal do campionato.

Relacionadas

Xosé Merelles participa na gala do 25 Aniversario do Hotel Oca Puerta del Camino

0
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu esta tarde aos actos de celebración do 25 Aniversario do Hotel Oca Puerta del Camino,...

A I Liga Xunta de Galicia de Hip Hop decídese no Porriño este sábado...

0
●       A última proba do circuíto de catro ten lugar no Porriño, de onde sairán os campións e campioas galegos.●       A competición terá lugar...

A Xunta adquire 22 parcelas nas Fragas do Eume e eleva en case 12...

0
As fincas repártense entre os concellos de Monfero, A Capela e Cabanas e elevan o espazo non adscrito a propietarios privados a arredor de...

Xosé Merelles enxalza o atractivo turístico internacional da Romaría Vikinga de Catoira que se...

0
Na presentación da nova edición da festa referiuse tamén á importancia do proxecto de mellora nas Torres que se inclúe no marco do Plan...

Establecementos de aloxamento e axencias de viaxe poderán adherirse desde mañá sábado á nova...

0
www.bonoturismo.gal, tal e como se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os detalles da nova campaña do...

A Xunta acorda co Estado a creación dun grupo de traballo para poder avanzar...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas reuníronse co secretario de Estado de Transportes e...

Publicacións Relacionadas