HomeXunta de GaliciaLete enxalza o momento do remo galego na clausura da Liga Galega...

Lete enxalza o momento do remo galego na clausura da Liga Galega de Traiñeras que este ano contou con Chapela como dominador absoluto

- Anuncio -spot_img

_Informa do apoio da Xunta que, neste ano, incrementou a súa aposta pola liga ata os 143.000 euros, un 15% máis que tamén se reflicte no aumento de licenzas que xa roldan as 3.000, sendo un 40% de mulleres

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou no serán de hoxe na clausura da Liga Galega de Traiñeiras que neste 2025 contou con Chapela-Wofco como dominador absoluto, gañando tanto na Liga A masculina, como na Liga feminina, mentres que na Liga B o campión foi A Cabana-Ferrol. O mandatario galego, trasladou os seus parabéns ao club redondelán e felicitouno tamén polo ascenso á Euskolabel da ACT que, no vindeiro exercicio, contará con dous equipos galegos, o propio Chapela e Ares que emprenderá a súa terceira tempada consecutiva na máxima categoría. Ao mesmo tempo animou ás traiñeiras femininas para recuperar a presenza de Galicia na Euskotren.

No que respecta a estes triunfos, Lete Lasa destacou a figura de Juan Zunzunegui, diploma olímpicos nos Xogos de Atenas 2004 no dobre scull lixeiro e que hoxe lidera a traiñeira Chapela nos seus éxitos. Así, o secretario xeral enxalzou o momento do remo galego en todas as súas modalidades, banco móbil e fixo, cos diplomas de Caetano Horta e Rodrigo Conde nos Xogos de París, así como todo o acadado por taiñeiras, trainerillas e bateis.

Lete Lasa subliñou a maxia da Liga Galega de Traiñeiras que “transforma a tradición en competición, en saúde, para que os equipos consigan vitorias que engrandecen ese sentimento colectivo que nos une”. Neste sentido lembrou como comezou a liga, alá polo 2003, con 16 embarcacións e dez regatas nunha única categoría, mentres “hoxe son 26 traiñeiras en dúas categorías masculinas e unha feminina que disputan 27 regatas retransmitidas pola TVG”. O responsable do Deporte galego informou do apoio da Xunta de Galicia que, neste ano, incrementou a súa aposta pola liga ata os 143.000 euros, un 15% máis que tamén se reflicte no aumento de licenzas que xa roldan as 3.000, sendo un 40% de mulleres.

Publicacións Relacionadas