López Campos amosa a disposició do seu departamento para colaborar coa autoridade portuaria de Marín na musealización do Faro da Illa de Ons

Redacción

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, amosou a disposición do departamento que dirixe para colaborar coa Autoridade Portuaria de Marín no proxecto de musealización do faro da Illa de Ons. Así llo trasladou nunha reunión en San Caetano ao presidente desta entidade, José Benito Suárez.

Neste encontro, o representante do Goberno galego compartiu co titular desta autoridade marítima “o importante valor patrimonial” que posúe o faro de Ons, que o pasado mes de xullo cumpriu 100 anos, como elemento arquitectónico singular “cun amplo número de pezas históricas relacionadas cos sinais marítimos, así como os libros do rexistro que se conservan con datacións moi antigas”. Ademais, López Campos destacou a implicación da Administración autonómica en proxectos similares que xa están en marcha para a musealización ou centros de reinterpretación dos faros das illas Cíes e de Sálvora, a través de convenios entre autoridades portuarias, o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas e a Xunta de Galicia.

Comparte este artigo