O Concello de Mos estuda con Turismo de Galicia solucións para mellorar a seguridade dos peregrinos e da veciñanza

Redacción

O Concello de Mos mantivo hoxe unha reunión con persoal técnico de Turismo de Galicia para estudar solucións para mellorar a seguridade dos peregrinos e da veciñanza e dar resposta a unha reivindicación que vén de lonxe, evitando os riscos asociados ao tránsito por un dos puntos que requiren unha atención especial no percorrido.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, manterá nos próximos días novas reunións coa Mesa do Camiño e coa Comisión de seguimento da Nacional 550 para presentarlles as propostas estudiadas hoxe e expoñer as súas vantaxes. O obxectivo é avanzar nunha solución que poida ter unha aplicación a máis curto prazo e que permita atender esta demanda histórica de seguridade.

O Goberno local continuará traballando coas administracións e cos órganos implicados na busca de alternativas viables que compatibilicen a protección dos peregrinos coa seguridade e a mobilidade da veciñanza.

“A seguridade dos peregrinos e da veciñanza é unha prioridade, e levamos tempo traballando para atopar unha solución que permita resolver esta situación. A alternativa que estamos a estudar busca dar unha resposta viable e no menor prazo posible a unha demanda histórica, garantindo un tránsito máis seguro e compatible coa vida diaria da nosa veciñanza”, sinala a alcaldesa de Mos.

Comparte este artigo