HomeXunta de GaliciaLópez Campos anuncia a licitaciónd as obras na Igrexa Nosa Señora da...

López Campos anuncia a licitaciónd as obras na Igrexa Nosa Señora da Laxe de Vilasantar por máis de 256.000€

- Anuncio -spot_img

— O proxecto, que acaba iniciar os trámites de contratación, estará centrado na fachada e no campanario para resolver problemas de entrada de auga e de estabilidade

— O responsable de Cultura visita tamén as obras na capela da Venerable Orde Terceira de San Francisco da Coruña, que estarán rematadas no verán

— O representante do Goberno galego encadra estas accións no compromiso coa protección e conservación do amplo e diverso legado patrimonial de Galicia

A Xunta de Galicia acaba de licitar as obras de restauración da fachada e do campanario da igrexa da Nosa Señora da Laxe, do municipio coruñés de Vilasantar, por máis de 256.000 euros. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, nunha visita a este ben catalogado, “co que o Goberno galego demostra o compromiso co patrimonio cultural repartido por todo o territorio da Comunidade”.

O responsable autonómico de Cultura explicou que o obxectivo desta intervención, que conta cun prazo de execución previsto de seis meses, é resolver os problemas de entrada de auga rexistrados no rosetón da fachada principal, ao igual que os de estabilidade na cúpula de coroación da torre, entre outras actuacións de mellora.

Para facelo, substituirase a carpintería do rosetón da fachada principal e tamén se desmontará e reconstruirá a cúpula de coroación da torre. Ademais, reforzarase a súa base, executando un novo rexuntado. De igual xeito, sumaranse a estas actuacións, obras de mellora da impermeabilizacións e da ventilación e tamén se reforzarán os contrafortes.

O representante da Xunta salientou que estes traballos forman parte “da implicación total do Goberno galego con este concello, en xeral, e co seu patrimonio, en particular”. Ademais, considerou que o “coidado e protección global dos bens espallados por toda Galicia contribúen a poñer en valor o amplo, rico e diverso patrimonio co que contamos na nosa comunidade e, neste caso, na provincia da Coruña”.

Capela da Venerable Orde Terceira de San Francisco
No marco deste compromiso, o conselleiro tamén ten previsto visitar esta tarde o avance das obras na capela da Venerable Orde Terceira de San Francisco da Coruña, iniciadas en setembro cun investimento de 550.000€, e que se prevé que estean rematadas no verán.

Cómpre lembrar que o proxecto céntrase en resolver os problemas de seguridade estrutural e de estanquidade da cuberta das edificacións anexas á capela: a vivenda, a sancristía e o almacén, evitando o seu deterioro e recuperando o ben para a veciñanza e para os visitantes como parte do legado da cidade para as xeracións futuras.

Publicacións Relacionadas