Home Xunta de Galicia López campos gaba o enorme talento e creatividade a través do galego...

López campos gaba o enorme talento e creatividade a través do galego do alumnado da comunidade

- Anuncio -

— Salienta que o audiovisual é unha “ferramenta imprescindible” da que a Xunta tirará proveito para aumentar o prestixio e o emprego da nosa lingua entre os pequenos

— Destaca que o Plan de 50 medidas para potencialo de cara ao ano 2025 incluirá colaboración con creadores de contido audiovisual para a rapazada no noso idioma

— As curtas premiadas e as do resto dos 24 centros participantes poderán visualizarse na canle Xabarín da Compañía de Radio-Televisión de Galicia

— Resultan galardoados a EEI do Vao, a EEI de Escravitude, o CEIP Carlos Casares de Nigrán, o CEIP A Igrexa-Calo de Teo, o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa, o CEIP Viñagrande-Deiro, de Vilanova de Arousa, e o CEIP Ramón Otero Pedrayo, da Laracha

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, enxalzou hoxe o “enorme talento e creatividade en galego” dos escolares da Comunidade. Así o valorou na entrega dos Premios a curtametraxes de animación en galego Nós tamén creamos! 2023-2024, no Centro Galego de Arte Contemporánea.
Acompañado polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, e pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, o conselleiro gabou a “gran calidade” dos proxectos presentados na duodécima edición de Nós tamén creamos! na que participaron 24 centros de educación Primaria de toda Galicia. O concurso volveu contar coa colaboración da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e con OQO editora, xa que a rapazada de entre 3 e 11 anos realiza adaptacións audiovisuais coa técnica de stop-motion dos seus álbums ilustrados.
O máximo responsable de Lingua do Goberno galego salientou o papel deste certame entre os escolares ao permitirlles “crear e divertirse” a través do audiovisual e do galego, “demostrándolles a utilidade sen límites, nin de idade nin de creatividade, de ambas linguaxes”, valorou.
Precisamente, explicou que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude poñerá en marcha de cara ao ano 2025 medidas de colaboración con creadores de contido audiovisual que axuden a favorecer a creación de vencellos entre a lingua e estas xeración máis novas, especialmente, entre os escolares. Por estes motivos, erixiu o audiovisual como unha “ferramenta imprescindible” da que a Xunta tirará proveito para “aumentar o prestixio e o emprego da nosa lingua entre o alumnado”.
Finalmente, López Campos felicitou os pequenos e pequenas participantes, aos que lles gabou a “calidade creativa, arriscada e valente” e que considerou o “exemplo do espírito do sector cultural galego”, do que salientou o “bo momento” que está atravesando, “tal e como reflicte que supoña o 3 % do Produto Interior Bruto galego”.
As curtametraxes gañadoras
En total, galardoáronse sete centros educativos de primaria xa que, en tres das catro categorías existentes para educación Primaria, a calidade dos traballos presentados propiciou que se lles concedesen accésits.
Deste xeito, o primeiro galardón da categoría de 2º ciclo de educación Infantil foi para o proxecto Caracola, da EEI do Vao (Pontevedra) e déuselle un accésit a Quen levou o pemento de Padrón das EEI de Escravitude, de Pontecesures.
O premio para 1º e 2º de educación Primaria foi parar ao audiovisual Quen levou a Lúa?, do CEIP Carlos Casares, de Nigrán (Pontevedra), mentres que a distinción en 3º e 4º de educación Primaria recaeu en Quen levou a Lúa, do colexio CEIP A Igrexa-Calo, de Teo (A Coruña). Nesta categoría, tamén se decidiu entregar un accésit ao audiovisual Chocolata, do CEIP Plurillingüe Condesa de Fenosa, do Barco de Valdeorras (Ourense).
Finalmente, na categoría de 5º e 6ª de Primaria, o primeiro galardón foi para O que ten que aprender un cempés, do CEIP Viñagrande-Deiro, de Vilanova de Arousa (Pontevedra). A maiores, distinguiuse cun accésit á curtametraxe A sopa queima, do CEIP Ramón Otero Pedrayo, da Laracha (A Coruña).
Todas as curtas premiadas e as do resto dos 24 centros escolares participantes poderanse visualizar no Portal da Lingua Galega, na súa canle de Youtube e, ademais, na sección infantil e na aplicación Xabarín da Compañía de Radio-Televisión de Galicia.

Relacionadas

A Xunta pon en valor o aval de expertos xuristas á tramitación ambiental dos...

0
― Ángeles Vázquez salienta a necesidade de desbloquear o desenvolvemento desta enerxía renovable para cumprir os obxectivos marcados pola UE para descarbonizar o sistema...

A Xunta colabora na edición dun libro que recolle as vivencias personais de doce...

0
- O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria estivo presente no acto de entrega dos exemplares a cada un dos protagonistas - Este proxecto...

Turismo promociona en Bilbao a proposta urbana con ‘De Tapas por Galicia’ para incrementar...

0
— O ano pasado, o mercado vasco situouse en 269.000 visitantes que fixeron 2,1 millóns de noites, o que supón crecementos dun 7% e...

A Xunta avalía na Mesa do Emprego Autónomo a nova orde unificada con 40...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, presidiu esta tarde unha nova xuntanza da Mesa do Emprego Autónomo de Galicia, onde...

A Xunta destaca a proactividade e o compromiso de Galicia na prevención de riscos...

0
― José González subliñou o papel activo da comunidade galega na representación das autonomías durante a negociación da Estratexia Española de Seguridade e Saúde...

A Xunta aumenta ata os máis de 18,2 M€ as axudas para incentivar a...

0
— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que incrementa en máis de 700.000 € o crédito do programa Galicia Emprega 2024,...

Publicacións Relacionadas