A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe en Sanxenxo a nova edición da Feira Portonovo Market, que permanecerá aberta ata o vindeiro 14 de setembro cunha ampla oferta de produtos de artesanía, moda ou decoración.
Este mercado de verán que cada ano se instala no Paseo de Portonovo conta con preto de 70 casetas e atrae en cada edición a centos de visitantes.