Home Xunta de Galicia Lorenzana anuncia a aprobación da primeira convocatoria deaxudas en Galicia para promover...

Lorenzana anuncia a aprobación da primeira convocatoria deaxudas en Galicia para promover o uso da intelixencia artificial nas empresas

- Anuncio -
  • Será aprobada no vindeiro Consello da Xunta, cun orzamento de 10,3 M€
  • Lembra que, por primeira vez, o Igape conta cunha área específica de innovación empresarial, que vai manexar un investimento de 60 M€ e desde a que se vai xestionar esta liña nova liña de apoios
  • “É un orgullo enorme ter empresas familiares en Galicia como esta: máis de 60 anos de tradición familiar, de esforzo, de talento e de intelixencia para converterse nunha fábrica que é líder no sur de Europa”, di sobre Pontevedresa Group

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, avanzou hoxe que o vindeiro Consello da Xunta aprobará a primeira convocatoria de axudas en Galicia para promover o uso da intelixencia artificial nas empresas.

Nunha visita ás instalacións de Pontevedresa Group, Lorenzana informou de que se trata dunha liña de apoios por valor de 10,3 M€ que implica, dixo, apostar por que as pequenas e medianas empresas non tecnolóxicas poidan contratar servizos doutras compañías que incorporen a intelixencia artificial nos seus procesos produtivos e que, polo tanto, melloren na súa eficiencia e competitividade, explicou.

A conselleira, que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, lembrou que, por primeira vez, o Instituto Económico de Galicia (Igape) conta cunha área específica de innovación empresarial, que vai manexar un investimento de 60 M€ e desde a que se vai xestionar esta liña nova liña de apoios.

Con 65 anos de traxectoria, Pontevedresa Group é na actualidade o fabricante independente máis antigo de España no sector nacional do vidro, líder en todo o sur de Europa na fabricación de vidro tépedo ultra lixeiro de alta resistencia, baixo espesor e gran formato.

“É un orgullo enorme ter empresas familiares en Galicia como esta: máis de 60 anos de tradición familiar, de esforzo, de talento e de intelixencia para converterse nunha fábrica que é líder no sur de Europa no tipo de vidro que fabrica, provedora de moitos sectores industriais”, dixo. “Vidro fabricado en Galicia para o mundo”, enfatizou.

Lorenzana apuntou que a empresa acumula nos últimos anos un gran esforzo investidor tanto nesta planta –o primeiro proxecto singular declarado pola Xunta que se implantou no polígono da Reigosa–, como na que posúe no parque empresarial do Campiño (Pontevedra).

Todo isto fai de Pontevedresa Group o maior investidor industrial e empregador do sector do vidro en Galicia, cun récord de máis de 100 empregos directos, que representa un incremento do 70 por cento desde antes da pandemia.

Relacionadas

O Diario Oficial publica hoxe as novas inclusións e actualizacións de méritos nas bolsas...

0
Trátase da relación refundida e actualizada das persoas integrantes das listas correspondentes ás subescalas de Secretaría-intervención, Secretaría e Intervención-tesourería O Diario Oficial de Galicia publica...

Máis de 5.000 persoas benefícianse das axudas da Xunta para mercar bicicletas eléctricas de...

0
— O Goberno galego destinou 2,7 millóns de euros ao programa EBici desde o seu comezo en 2022 ata o pasado novembro, data na...

Vaca Films remata a gravación da longametraxe ‘Dímelo Bajito’, rodada en Galicia co apoio...

0
— O proxecto recibe unha achega de 300.000 euros a través do fondo para a atracción de rodaxes, dotado polo Goberno galego con 2M€...

A Xunta pon en valor os establecementos distinguidos cos premios do Comercio Galego 2024

0
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou esta semana os profesionais recoñecidos con estes galardóns que outorga a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración O...

A Xunta participa na entrega dos XIII ‘Premios Rebulir da Cultura Galega’ que recoñecen...

0
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; o director xeral de Comercio...

Belén do Campo asiste ao ingreso de Rosa Cedrón na Real Academia de Belas...

0
Rosa Cedrón, nacida en Monforte de Lemos, é unha das artistas máis versátiles e influentes da música galega contemporánea A delegada da Xunta, Belén do...

Publicacións Relacionadas