test
Home Xunta de Galicia Lorenzana salienta a aposta da Xunta por reforzar as competencias da Xera...

Lorenzana salienta a aposta da Xunta por reforzar as competencias da Xera en materia de I+D

- Anuncio -
  • O CIS-Madeira é un dos dous centros de investigación adscritos á Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) xunto co Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, recentemente incorporado
  • A Xera tamén vai contar cunha Área de Información Forestal, que é a encargada de facer os labores estatísticos e de información necesarios para a toma de decisións
  • Lorenzana destaca que o Inventario Forestal de Galicia presentado onte ratifica a necesidade de pechar o ciclo da cadea de valor ligado á transformación da madeira na Comunidade, un dos obxectivos nos que vai afondar o plan director que a Xunta está elaborando para o sector

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, puxo hoxe de manifesto a aposta da Xunta por reforzar as competencias da Axencia da Industria Forestal de Galicia (Xera) en materia de I+D, para dar valor engadido ao sector e mellorar a calidade da madeira.

Lorenzana visitou  hoxe o Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira), un dos dous centros de investigación cos que conta a Axencia Galega da Industria Forestal xunto co Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, que recentemente se acaba de incorporar á estrutura da Xera buscando coordinar desde aí o labor de investigación e innovación que vén facendo en Galicia a cadea forestal-madeira.

O CIS Madeira leva case 30 anos prestando servizos de apoio a toda a cadea monte-industria. Destacan, por exemplo, os traballos que vén realizando para a valorización de frondosas; a preservación do patrimonio histórico en madeira; o fomento das aldeas modelo e as comunidades enerxéticas baseadas na biomasa; a investigación sobre a resiliencia dos bosques ao cambio climático; ou no eido da economía circular, en cooperación co Centro de Excelencia en Economía Circular do Norte da Eurorrexión.

Sobre a nova estrutura da Xera, Lorenzana tamén destacou que vai contar cunha Área de Información Forestal, que é a encargada de facer os labores estatísticos e de información necesarios para a toma de decisións; e, tamén, responsable da posta en marcha do mercado voluntario de créditos de carbono que recolle a futura Lei de Recursos Naturais de Galicia.

Neste contexto, referiuse ao novo Inventario Forestal Continuo que elabora cada ano a Universidade de Santiago e a Universidade de Vigo en colaboración coa Xunta de Galicia. “Sabemos que os piñeiros e as frondosas duplican a superficie de eucaliptos, e algo importante é que hai suficientes recursos en Galicia para uso industrial”, dixo ao respecto.

Ademais, tamén sinalou que este estudo ratifica a necesidade de seguir traballando para pechar en Galicia o ciclo da cadea de valor ligado á transformación da madeira, un dos obxectivos nos que vai afondar o plan director que a Xunta está elaborando para o sector forestal. “É a liña na que queremos continuar: intensificando a investigación e mellorando, polo tanto, a calidade do noso produto, da madeira, e pechando o ciclo produtivo”, concluíu a conselleira, agradecendo ao persoal do CIS-Madeira o traballo que leva realizando ao longo destes anos.

Relacionadas

Xosé Merelles salienta a consolidación do festival Portamérica como atractivo turístico de Pontevedra

0
O director de Turismo de Galicia participa xunto o delegado da Xunta en Pontevedra na presentación do festival que arranca este xoves no concello...

Galicia avanza na desestacionalización cun cremento do 5% no número de viaxeiros aloxados nos...

0
Segundo as cifras do INE feitas públicas hoxe, rexistrou máis de 2,1 millóns de viaxeiros e máis de 3,5 millóns de noites no conxunto...

A Xunta destaca as visitas a Cortegada como unha opción de turismo sostible en...

0
O ano pasado acudiron á illa preto de 10.000 persoas, unha cifra moi superior ás máis de 7.600 de 2022 e ás 5.700 do...

Xosé Merelles reivindica o papel clave do asociacionismo xacobeo para o futuro do...

0
Asiste en Santiago á primeira asemblea da nova federación europea de asociacións xacobeas Camino Europa Compostela que representa unha vintena de paísesDestaca que o...

Rueda destaca a aposta da Xunta por mellorar as infraestruturas para reforzar os servizos...

0
Salienta as actuacións realizadas en Sanxenxo, “un dos concellos turísticos máis importantes de toda España”Asegura que estas obras de humanización permiten “ordenar o tráfico,...

Galicia lidera a caída do paro na evolución anual e acada unha cifra de...

0
A baixada do paro nun -8,59% no último ano sitúa a Galicia como a primeira comunidade autónoma na que más descende o desemprego en...

Publicacións Relacionadas