Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia A Xunta salienta a colaboración entre o laboratorio de Medio Ambiente de Lourizán...

A Xunta salienta a colaboración entre o laboratorio de Medio Ambiente de Lourizán e Augas de Galicia desde 2010 para garantir o bo estado das augas superficiais

- Anuncio -

— Paula Uría subliña que estas instalacións se especializan na realización de análises biolóxicas e no control de calidade das augas naturais, con máis de 131.000 actuacións realizadas só en 2023 entre mostraxes, analíticas e medicións in situ

— Avanza que no marco do novo convenio entre ambos organismos está prevista reconfigurar a actual rede de observación ambiental e ampliala a outros ámbitos

A Xunta pon en valor os bos resultados da colaboración que desde o ano 2010 manteñen o Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia (LMAG) e o organismo hidráulico Augas de Galicia para a realización de mostraxes e análises e a aplicación dos índices de valoración necesarios para avaliar e garantir o bo estado das masas de auga superficiais.
Así o destacou a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría, no marco dunha visita realizada esta mañá ao edificio do LMAG en Pontevedra, que alberga unha das dúas sedes que ten o organismo na comunidade.
Concretamente, explicou que as instalacións localizadas en Lourizán se especializan en análises biolóxicas e de vixilancia e control de calidade das augas naturais, mentres que a sede do laboratorio na cidade da Coruña se dedica a realizar mostraxes químicas de substancias contaminantes e ao control do aire ambiente.
Neste sentido, a directora xeral salientou a importancia do traballo que realiza o LMAG desde hai máis dunha década, tras integrar no ano 2010 nunha soa unidade administrativa as funcións e a estrutura da Rede de observación ambiental de Galicia, unha ferramenta ao servizo da Xunta integrada por un conxunto de estacións que rexistran diferentes variables e permite incrementar o coñecemento da dinámica dos ecosistemas e a súa interacción cos distintos tipos de actividades humanas.
No caso concreto do laboratorio de Lourizán, as principais funcións e actividades que desenvolven os seus técnicos consisten na toma de mostras das redes de control da calidade das augas naturais superficiais continentais, costeiras e de transición, análises microbiolóxicas, identificación de distintos organismos biolóxicos e analíticas de nutrientes, parámetros moi útiles para coñecer o estado ecolóxico en todas as masas de auga de competencia galega.
Así mesmo, xunto cos técnicos de Augas, tamén toman mostras e fan análises de cianobacterias nos encoros destinados a consumo da demarcación hidrográfica de competencia autonómica (Galicia-Costa); realizan diagnoses da recuperación ecolóxica dun curso de auga tras unha vertedura; e colaboran no rexistro de especies invasoras e ameazadas, co apoio e a colaboración da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.
Todo este traballo traduciuse só durante o ano 2023 en máis de 131.000 actuacións realizadas na sede do LMAG de Pontevedra entre mostraxes, diferentes tipos de análises e medicións in situ no proceso de toma de mostras relacionadas coas augas naturais da comunidade.
Por iso e tras lembrar que o próximo ano toca asinar un novo convenio de colaboración con Augas de Galicia para seguir executando os programas de control derivados da Directiva marco da auga, a responsable autonómica avanzou que está previsto abordar a reconfiguración da actual rede de observación ambiental e mesmo ampliala a outros posibles ámbitos.
De feito, os puntos de control, as frecuencias e os parámetros incluídos no futuro convenio poderán variar en función dos resultados da revisión do Plan Hidrolóxico da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa que está a realizar o organismo autonómico.

Relacionadas

A Xunta impulsa melloras en 145 establecementos turísticos cun investimento de 3,5M€

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas de 3,5M€ que sufragan as actuacións de accesibilidade, dixitalización ou modernización...

A Xunta pon en valor o labor dos centros comerciais abertos e federacións de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou na inauguración da IV...

A Xunta avanza nos nos traballos para construir o Comité de Expertos que estudará...

0
As Consellerías de Medio Ambiente e Cambio Climático e do Mar están a deseñar a composición dese grupo e as liñas de actuación para...

A Xunta enxalza os emigrantes como os mellores embaixadores de Galicia no Mundo

0
Coincidindo co Día de Galicia, José González asistirá ao acto do 45º aniversario do Centro Galicia de Bos Aires, unha entidade que conta con...

A Xunta impulsa a colaboración coas federacións e asociacións en materia de consumo para...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou nunha xornada de traballo coas federacións e asociacións con máis de 5 anos de...

A Xunta promove a reinterpretación dos sombreiros tradicionais galegos no Festival Asnot de Padrón

0
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, entregou hoxe o Premio Internacional de Sombreirería Chapeu Contest 2024, que recaeu na revisión dun...

Publicacións Relacionadas